Comunidade Educativa – Proposta actividades coeducativas

Dende fai anos, dende Femuro ten unha actividade constante en centros educativos, dende a etapa de Educación Infantil ata o Bacharelato, promovendo actividades de Igualdade de Xénero. 

Pretendemos, que despois da nosa intervención, os centros educativos teñan, de forma autónoma, propostas e actividades transversais neste eido, e sodes moitos e moitas as que nos preguntades cómo facer. 

Por este motivo, engadimos este apartado, no que iremos pondo exemplos de actividades que xa, ou ben levamos a cabo dende Femuro nos centros, ou que os propios centros tiveron a iniciativa de propor despois da nosa guía. Así obteremos un listado de casos prácticos que se irá actualizando e ampliando. 

Se algún centro educativo, asociación ou organismo, quixera levar a cabo estas ou outras actividades e precisa de axuda, pódenos chamar e guiaremos e interviremos na medida do posible. 

Aquí van as actividades realizadas ata o momento:

  • 25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS.

Para traballar este día en Educación Infantil recomendamos o conto “Las 3 mariposas” no que se conta, en forma de lenda, a historia das irmás Mirabal e o porque da conmemoración deste día. 

Despois de contalo nós fixemos un mural con todo o alumnado:

 

En educación primaria e secundaria, parecenos interesante e importante traballar os mitos do amor romántico. Pódese traballar mediante a deconstrucción de mitos reflexionando e debatindo sobre estes,  e a continuación cambialos por frases e crenzas igualitarias e respetuosas. Nós fixémolo a través de 4 historias de relacións interpersoais inventadas nas que se podían sentir identificados-as. 

 

 

Tamén traballamos ese día a autoestima, que é un dos piares fundamentais para evitar as relacións tóxicas e contamos a historia “5 veces” que se atopa dentro do libro “Érase una vez una princesa que se salvó sola”. 

 

 

– “Las 3 mariposas” e “Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa” a partir dos 3 anos.

– “Arturo e Clementina” , “El chubasquero de Aurora“, “Francisca“, “Soy solo mía” a partir de 6 anos. 

– “Presentes” a partir de 12 anos.  

 

  • PROPOSTAS DIDÁCTICAS A TRAVÉS DOS CONTOS

 

  • DÍA INTERNACIONAL DA NENA E A MULLER NA CIENCIA
O 11 de Febreiro reivindicamos o día Internacional da Nena e a Muller na ciencia. Facémolo para que esas mulleres que foron invisibilizadas e silenciadas ao longo da historia ocupen o espazo que se merecen. Para que os seus coñecementos e as súas aportacións sexan recoñecidas Para reivindicar que é preciso maior presenza das nosas científicas en todos os eidos (libros de texto, medios de comunicación….). Para recoñecer o papel das mulleres e as nenas no ciencia en todas as épocas e sociedades.
Pero, sobre todo, facémolo para que as nosas nenas e nenos teñan a posibilidade de contar con mulleres referentes que as/os inspiren no seu día a día, eliminando así ese teito que, aínda que invisible, dificulta o acceso das mulleres ás carreiras científicas. Só deste xeito lograremos o a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.

 

 

 

  • ENTROIDO EN IGUALDADE

 

 

  • Contacontos

Contacontos nos que as historias estean libres de prexuizos, estereotipos, valores inadecuados. Nos que haxa nenas valentes, nenos sensibles, e non haxa distinción segundo os sexos. Tamén contacontos nos que se traballe de xeito específico a igualdade como valor universal.  Dende Femuro contamos cunha guía de literatura infantil e xuvenil coeducativa que podedes tomar como consulta e para solicitala en formato PDF só tedes que enviarnos un mail a: femuro.ourense@gmail.com

Podedes atopar recomendacións de lecturas coeducativas tamén no apartado COMUNIDADE EDUCATIVA/ LECTURAS COEDUCATIVAS. 

 

 

 

Exemplos de contos con actividade:

“El color de la igualdad”. Begoña Esteve Quiñones. 

 

¿Quién tiene una familia normal? Belinda Nowell. 

 

Érase dos veces: el patito feo. Editorial cuatrotuercas. 

 

Soy un punto. Giancarlo Macri. 

 

¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? Raquel Díaz Reguera

Podedes descargar a imaxe da princesa espida ademais de outras actividades relacionadas con contos coeducativos na seguinte ligazón:

http://antoniasantaolallataberno.blogspot.com/p/propuesta-de-actividades-para-el-25-de.html

 

  • Concurso musical

Elaborar concursos de probas sempre é un acerto, pero se lle engadimos música a diversión e o aprendizaxe están garantizados.  Co concurso musical “La Voz de la Igualdad” reflexionamos sobre cancións feministas, sobre as que non o son, sobre artistas e xa de paso visibilizamos mulleres en outros ámbitos. 

A proba musical consistía en por cancións feministas (previa explicación de porque o son), parar as cancións nun punto determinado e que os equipos pulsaran os pulsadores para continuar cantandoa no mesmo punto onde a deixamos. 

Tamén tivemos probas de preguntas e respostas, probas de coreografías… 

  • Visibilización de mulleres históricas

Nenos e nenas, e tamén persoas adultas, descoñecen a existencia de miles de mulleres que fixeron grandes cousas pola humanidade. Esto e debido a súa condición de muller, que as invisibilizou inxustamente, e iso refléxase nos contidos escolares. Por este motivo, consideramos importante, que as nenas coñezan estas historias para poder ter referentes femeninos e que os nenos sexan conscientes de que as mulleres poden facer as mesmas cousas ca eles. 

Pode ser a través de contacontos, explicacións… trátase de falar de mulleres que fixeron grandes cousas. Hai moitísimas en todos os campos.  Quizás habería que buscar aquelas mulleres que resulten máis interesantes para o alumnado co que se vai traballar, segundo os gustos, os temas tratados nas clases, a idade…

 

Elaboración de marcapáxinas:  polo 8 de marzo a actividade que fixemos foi relacionada con esta visibilización. Despois de facer contancontos coas historias delas, cada alumna ou alumno escolleu o marcapáxinas daquela muller que máis lle gustara segundo a historia que lles contáramos. O traballo foi colorealo e plastificalo e explicar na casa en qué consistía a celebración do día 8 de marzo e a historia da muller escollida. 

 

 

Recreos de conto: (ver apartado Programas Sociais/ O mundo en violeta)

Periódicamente (unha vez á semana, unha vez ao mes…)  na hora do recreo, cóntanse historias moi especiais. Porque estas historias no son como os contos (inventados) estas historias pasaron de verdade e as súas protagonistas existiron….ou existen. 

Feira violeta: (ver apartado Programas Sociais/ O mundo en violeta)

Dita actividade ten como obxectivo principal a visibilización de mulleres importantes na historia pouco recoñecidas en xeral, e nos libros de texto en particular.

Preséntase a modo de concurso, e de xeito voluntario cada titor ou titora decide presentarse ou non. Consiste en traballar durante o curso unha muller en concreto dun listado que se propón dende Femuro, e a final de curso, montar un stand que fale da vida e obra desa muller, elaborado polos nenos e nenas. Ditos stands estarán visibles para o público e para un xurado que decidirá cales son os mellores traballos. Todo o alumnado participante levará un premio, e ademáis haberá outro premio para as clases gañadoras, unha en Educación Infantil e outra en Educación Primaria.

 

 

 

 

 

 

“PROFE CON SUPERPODERES”

RUPTURA DE ESTEREOTIPOS A TRAVÉS DE MODELOS CERCANOS

Esta iniciativa levouna a cabo o Equipo de Dinamización da Biblioteca do CEIP Amaro Refojo (Verín).

Un dos obxectivos das actividades da biblioteca é romper cos roles atribuidos aos sexos. Con esta intención nace a actividade “profe con superpoderes” na que, periódicamente, un o unha profe misterioso-a aparece cunha habilidade determinada, e será o alumnado o que teña que adiviñar quen é e levar a resposta a un buzón violeta indicando ademais o seu nome e curso. 

As persoas que acerten… levarán premio. 

 

 

Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca do CEIP Amaro Refojo, levan a cabo moitas actividades coeducativas, tanto en colaboración con Femuro como de xeito autónomo. Podedes consultar o seu blogue, no que atoparedes un montón de ideas:

http://amarorefojobiblioteca.blogspot.com/