2018

VIAXE  A SEVILLA E CÓRDOBA

24,25,26 e 27 de Maio

Como cada ano FEMURO  e as súas Asociacións desprázanse pola xeografía española para coñecer e desfrutar de diferentes lugares  e emprazamentos,  desfrutando de momentos de distensión e convivencia entre todas as participantes.

Nesta ocasión o lugar escollido foi a zona sur de España, xa que visitamos as fermosas cidades de Sevilla e Córdoba.

O día 24, xoves, saímos dos nosos lugares de orixe para emprender unha nova aventura.

O día 25 comezamos coa visita a Sevilla e os seus lugares de interese: “Plaza de España”, Real alcázar de Sevilla, a “Torre del Oro”, a Catedral de Sevilla, a Giralda e a Praza de toros “La Maestranza”. Ao finalizar tivemos tempo libre para seguir desfrutando da cidade, dar un paseo polo Guadalquivir, subir nas Calesas tiradas por cabalos…Rematamos unha xornada chea de emocións e experiencias compartidas, que dará lugar a outra nunha nova cidade, xa o que sábado, día 26, desprazámonos ben cedo ata Córdoba. Xa en Córdoba visitamos o “ Alcázar de los Reyes Cristianos”, continuando coa Gran Mezquita de Córdoba, onde quedamos impresionadas polo seu “bosque de columnas”. Despois de recuperar forzas desprazámonos ata o xacemento de “ Medina Azhara” para trasladarnos centos de anos atrás, e visualizar como  vivía o Califa Abd Al-Rahmán III.

O domingo día 27 tomamos rumbo para a nosa Galicia, non sin antes parar no conxunto arqueolóxico  de  Itálica   e unha parada para xantar en  Trujillo, un fermoso lugar cheo de encanto presidido polo Castelo en torno á Praza Maior, vixiados en todo momento pola estatua de Francisco Pizarro.

Rematamos catros días cheos de experiencias compartidas, de momentos vividos e moitas emocións que esperemos que  perduren durante moito tempo na nosa memoria, e que ano tras ano poidamos seguir novas experiencias en compaña unhas das outras.