Cultufem

 

Este espazo ten como fin realizar recomendacións culturais á poboación xeral a través das redes sociais da Federación, sempre con perspectiva de xénero e en relación a temas que ocupan a axenda feminista. En cada entrega falamos de cine, literatura e música, escollendo un película ou serie, un libro e unha canción en función do público ao que vai dirixido (adulto ou infantil). Pretendemos así que as persoas que nos seguen a través de Facebook, Instagram e Twitter teñan recursos aos que poden acudir no seu tempo de lecer, sempre baixo as lentes violetas.