FEMURO COA INFANCIA – ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN – 2022

 

 

Con motivo do 8M – Día Internacional da Muller- , realizamos unha serie de actividades de sensibilización que englobamos dentro da Campaña Quen dixo “NADIE”?

 

Nos Centros Educativos de Educación Secundaria – IES Castro de Baronceli e CPR Apostólico Mercedario (Verín); IES Carlos Casares (Viana do Bolo)- realizamos unha serie de obradoiros de sensibilización que se centraron nos seguintes temas:

  • Feminismo e igualdade.
  • Prostitución e Trata de persoas con fins de explotación sexual.
  • Sexismo e discriminación nos medios de comunicación (publicidade, música, cine…).
  • Mitos do amor romántico.
  • Papel das mulleres no ámbito científico ao longo da historia.

Nos Centros Educativos de Educación Primaria –CEIP Carlos Casares (Xinzo de Limia) e CEIP Plurilingüe Amaro Refojo (Verín)-, xunto coa pobación xeral,  lanzamos unha campaña virtual na que visibilizamos a distintas deportistas a través de caracterizacións individuais. Coas fotos de cada participante realizamos unha montaxe na que mostramos á deportista real, engadindo nas publicacións de Facebook e Instagram información sobre os seus logros ao longo da súa carreira profesional.

      Participaron un total de 27 persoas.

      Co Alumnado de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe Amaro Refojo preparamos unha performance que se desenvolveu no acto do 8M organizado polas distintas entidades sociais da comarca e que tivo lugar na Praza do Concello e na Praza García Barbón de Verín.

             Nesta perfomance, as e os máis cativos interpretaron distintos deportes e destacaron a mulleres importantes, sacándolle tarxeta vermella ao machismo e chegando á meta da igualdade. Contamos, como todos os anos, coa colaboración do profesorado de cada un dos cursos participantes.

Ademais da performance, e en consonancia coa nosa campaña polo 8M, aproveitamos a asistencia da poboación xeral para entregar uns adhesivos coa foto e información de catro deportistas.

Finalmente, cas nenas e nenos de Ludofemuro realizamos un vídeo no que cada participante puxo na palestra as vitorias, premios e potencialidades de distintas deportistas (Ligazón: Deportistas en Ludofemuro).

 

Con motivo do 𝐃Í𝐀 𝐃𝐀𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐑𝐈𝐓𝐎𝐑𝐀𝐒, que se conmemora dende o ano 2016 para recuperar o legado das mulleres escritoras, facer visible o seu traballo na literatura e combater a discriminación que sufriron ao longo da historia.

Acudimos tanto as clases de Educación Infantil como as de Primaria do CEIP Plurilingüe Amaro Refojo (Verín), compartindo co alumnado diferentes aspectos da vida das seguintes escritoras:
🔸 𝑨𝒔𝒕𝒓𝒊𝒅 𝑳𝒊𝒏𝒅𝒈𝒓𝒆𝒏.
🔹 𝑱. 𝑲. 𝑹𝒐𝒘𝒍𝒊𝒏𝒈.
🔸 𝑩𝒆𝒂𝒕𝒓𝒊𝒙 𝑷𝒐𝒕𝒕𝒆𝒓.
🔹 𝑴𝒂𝒓𝒚 𝑺𝒉𝒆𝒍𝒍𝒆𝒚.
🔸 𝑨𝒈𝒂𝒕𝒉𝒂 𝑪𝒉𝒓𝒊𝒔𝒕𝒊𝒆.
🔹 𝑮𝒍𝒐𝒓𝒊𝒂 𝑭𝒖𝒆𝒓𝒕𝒆𝒔.
🔸 𝑪𝒉𝒊𝒎𝒂𝒎𝒂𝒏𝒅𝒂 𝑵𝒈𝒐𝒛𝒊.
 
Fixémolo nun lugar moi especial do cole, na Biblioteca! 
Xa que en outubro tamén se conmemora o día destes espazos tan importantes nas nosas vidas.
 
 
 
 
Con motivo do 25N, Día Internacional contra as Violencias Machistas, realizamos actividades de sensibilización no CEIP Carlos Casares (Xinzo de Limia) e no CEIP Plurilingüe Amaro Refojo (Verín).
 
📍 Acudimos a 𝗘𝗱𝘂𝗰𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗜𝗻𝗳𝗮𝗻𝘁𝗶𝗹, onde contamos a historia das irmás Mirabal a través do conto “Las tres mariposas”, realizando posteriormente unha reflexión neste sentido e un bonito mural que visibiliza a igualdade, xustiza, tolerancia e empoderamento.
📍 Así mesmo, con 𝟱º 𝗲 𝟲º 𝗱𝗲 𝗣𝗿𝗶𝗺𝗮𝗿𝗶𝗮 traballamos os mitos do amor romántico a través de diferentes historias, reflexionando sobre o amor libre baseado no respecto e a igualdade.