Xornadas de desenvolvemento rural

Estas xornadas xurden co obxectivo de incentivar o espíritu participativo e emprendedor das mulleres na sociedade así como visibilizar o papel da muller como motor de desenvolvemento do rural.

Trátase un encontro ANUAL de duración dunha fin de semana onde se conxuga formación con actividades lúdicas e culturais e de intercambio de experiencias entre as mulleres de diferentes asociacións de mulleres rurais integradas en FEMURO de toda a provincia de Ourense.

A actividade central das xornadas consiste na exposición dunha mesa redonda onde se amosan diferentes iniciativas empresariais, normalmente levadas a cabo por mulleres, que apostan polo rural como alternativa laboral. O remate da mesma, ábrese un espazo de debate onde as mulleres participantes poden plantexar diferentes cuestións.

Orixinariamente levábanse a cabo nas Residencias de Tempo Libre da Xunta (Panxón e O Carballiño) pero dende o ano 2013 véñense celebrando nos Balnearios da provincia de Ourense (Laias e Arnoia).

Anualmente acoden para inaugurar/clausurar estas xornadas a Directora Xeral de Familia e Inclusión, a Secretaria Xeral da Igualdade, o/a Delegado/a Territorial da Xunta de Galicia en Ourense e o Alcalde do municipio onde se desenvolven.