Femuro Coas Asociacións — Foro da Igualdade — XVIII Edición

 

 

A décimo oitava edición do Foro da Igualdade levouse a cabo no Auditorio Municipal de Verín os días 2 e 3 de xullo. Este ano centrámonos no Teito de Cristal, tendo como obxectivo analizar este tipo de violencia machista de carácter estrutural e as consecuencias que supón na carreira profesional das mulleres.

      Para elo realizamos mesas de diálogo nas que contamos con personalidades de diferentes ámbitos (empresarial, político, científico, asociacionismo, deportivo…), coas que reflexionamos sobre as barreiras ás que mulleres temos que facer fronte para ascender laboralmente ou para ter maior representación neste sentido. Contamos cun total de 15 ponentes coas que afondamos no síndrome da impostora, nos micromachismos, na maternidade e en outros moitos temas.

 

 

 

Así mesmo, levamos a cabo a actividade “Mates nas mas”, destinada aos e ás máis pequenas e na que, a través de papiroflexia, traballamos a ciencia con 15 nenos/as.

 

Participaron aproximadamente 100 persoas de xeito presencial, entre as que se atopaban mulleres pertencentes a Asociacións de Mulleres Rurais, profesionais do ámbito social e público en xeral. A elo debemos engadir que o Foro foi retrasmitido en directo a través da nosa canle de Youtube, do xornal La Región e do Diario do Támega, contando no primeiro caso con máis de 450 reproduccións.

O Foro completo pode visualizarse nas seguintes ligazóns:

https://www.youtube.com/watch?v=VORfY5yjDgA&t=11211s

https://www.youtube.com/watch?v=TzGl_ygkidg&t=872s

https://www.youtube.com/watch?v=LYdh89AsEuE