Dia da Muller Rural – 2023

Este foi un ano moi especial para a nosa federación, pois o pasado 31 de Marzo cumprimos 25 anos.  A celebración demorámola un pouco e tivo lugar o 22 de Outubro en Verín. Coincidindo así coa celebración do DÍA DA MULLER RURAL.

Para esta data tan especial decidimos facer un documental titulado “A laranxa completa: reconstruíndo a flor de Azahar”, no cal pretendemos desmontar os mitos do amor romántico, ao mesmo tempo que confrontamos o pasado coa actualidade. 

En canto ao acto do día 22, mulleres de todos os puntos da provincia achegáronse ata o auditorio de Verín para encher as súas 383 prazas e poder desfrutar da xornada. O día deu comezo as 11:30 coa benvida protagonizada por Purificación Caldelas Rodríguez, Concelleira de Medio Ambiente, Desenvolvemento Rural e Igualdade do Concello de Verín e Sandra Vázquez, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Posteriormente realizamos un pequeno percorrido por a historia de Femuro, para elo contamos coa nosa Presidenta María Isabel Garrido e con Corona Ameixeira, ambas foron as fundadoras de Femuro e ninguén mellor ca elas coñece a nosa historia.

A continuación contamos cunha actuación musical coas asociacións que participaron na actividade de “Aturuxos Violetas”, desenrolada este ano pola federación. Estas foron:

                Asoc. MM.RR. Entre Nós, Asoc. MM.RR. A Carballa, Asoc. MM.RR. Abelairas, Asoc. MM.RR. As Candelas, Asoc. MM.RR. Da Raia, Asoc. MM.RR. Flor da Xesta, Asoc. MM.RR. Fonte do Ouro, Asoc. MM.RR. Fonte do Sapo, Asoc. MM.RR. Pegureiras, Asoc. MM.RR. San Salvador da Roza, Asoc. MM.RR. Sarreaus, Asoc. MM.RR. Santa María de Tamagos, Asoc. MM.RR Tres de Maio e Asoc. MM.RR. San Pedro.

 

Despois desta actuación démoslle paso ao prato forte da xornada, a estrea por primeira vez do noso documental.

Ao rematar a proxección 5 das protagonistas subiron ao escenario para ter un pequeno coloquio, dende aquí aproveitamos para agradecerlle a Teresa Marante, Sonia Teixeira, Manola Criez, Alfonsa Justo e LOLA… pola súa colaboración.

A clausura correu a cargo de Marta Nóvoa Iglesias, Vicepresidenta da Deputación de Ourense, e Elena Rivo López, Conselleira de Emprego e Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia.

 

Unha vez rematado ao acto dirixímonos a Finca Estela do Val, onde puidemos xantas e desfrutar da actuación musical levada a cabo pola Charanga Los Támega.