2018

 

Por terceiro ano consecutivo levamos a cabo a actividade FEMURO VERÁN. Este ano coa financiación da Deputación Provincial de Ourense. 

Este proxecto foi levado a cabo  durante os meses de Xullo e Agosto en horario de maña. As actividades levasdas a cabo, entre outras foron das seguintes temáticas :

Dinamización do tempo libre: xogos cooperativos, xogos deportivos, manualidades, saídas polo Concello e por entornos próximos (Balneario de Sousas, Fontenova…).

Reforzo de habilidades sociais: autoestima, relacións cos demais, empoderamento, reforzo positivo, asertividade, empatía, seguridade…

Actividades puntuais e transversais relacionadas coa igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, co respecto a outras culturas e respecto ao medio ambiente.

Actividades artísticas e musicais.

Historia de mulleres nas distintas disciplinas: artistas, científicas, escritoras.

Animación á lectura, a través de lecturas respectuosas, non sexistas e sen violencia, con valores positivos.

Iniciación á historia do arte: coñecemento de grandes obras artísticas coñecidas e non tan coñecidas.

Xeografía divertida: a través de proxectos enfocados a diferentes países e culturas.

Saídas e excursións: na contorna de Verín e tamén pola provicia (Centro de Ocio Acougo e Parque Multiaventura “Os tres reinos” na Mezquita).