2015

Laias, 7 e 8 de Novembro de 2015

 

Como cada ano, Femuro organiza as Xornadas de Desenvolvemento Rural no Balneario de Laias, en Cenlle.

Nesta ocasión máis de 150 mulleres de toda a xeografía ourensá participaron os días 7 e 8 de novembro nunhas xornadas que teñen como obxectivo incentivar o espírito participativo e emprendedor das mulleres na sociedade así como visibilizar o papel da muller como motor do desenvolvemento rural, e para loitar porque o rural non desapareza e se poidan formar familias que queiran estar inmersas na tranquilidade e paz que nos trasmite a nosa Galiza rural.

Unhas xornadas que mesturan formación e aprendizaxe con espazos de distensión e intercambio de experiencias entre as participantes.

A chegada das mulleres foi o sábado 8, onde puideron desfrutar do entorno, das augas e das vistas tan marabillosas que ten este Balneario compartindo anécdotas e experiencias coas compañeiras doutras asociacións.

O domingo pola mañá tiveron lugar o eixe central das xornadas, que foron inauguradas pola Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Dna. María Amparo González, acompañada por D. Gabriel Alén, Alcalde do Concello de Cenlle e por Dna. Teresa Cerdeira Valiñas, Deputada de Igualdade na Deputación Provincial de Ourense, a mesa estivo presentada por Dna. Mª Isabel Garrido Blanco, Presidenta de FEMURO. A Directora Xeral expuxo diversas axudas que o goberno Galego ten para as mulleres para que sigan sendo parte do desenvolvemento da sociedade e do medio rural. Podendo conciliar a súa vida laboral coa familiar.

A continuación, as mulleres coñeceron dúas experiencias protagonizadas por iniciativas persoais e de emprendemento empresarial que apostan polo rural: Alfonso Rodríguez Udías, ( plantación de oliveiras en Cenlle) e Juan Antonio Estévez, (Xerente de Terra de Baronceli, agricultura e conservas ecolóxicas). Ambos relataron as súas experiencias e as trabas e problemas cos que se atoparon na súa andadura, pero resaltando sobre todo as ganas coas que traballan e a súa motivación para contribuír ao desenvolvemento do rural.

Para clausurar as Xornadas, contamos con Dna. Silvia Dorado Morales, Secretaria Territorial da Delegación da Xunta en Ourense e Dna. Susana López Abella, Secretaria Xeral da Igualdade, xunto con D. Gabriel Alén que as acompañou na mesa e Dna. Mª Isabel Garrido Blanco, Presidenta de FEMURO.