Programas Sociais – Da man – 2018

 

No 2018, Femuro asinou un Convenio de Colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Secretaría Xeral da Igualdade) para o desenvolvemento de accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e apoio ás súas vítimas. 

 

A través deste Convenio levamos a cabo o programa “Da mán” que consistiu nunha serie de actividades co obxectivo de sensibilizar e facer fronte á problemática da violencia de xénero: actividades formativas, colaborativas, de apoio ás vítimas, de sensibilización…

A continuación describimos unha por unha todas as actuacións levadas a cabo:

 

 FORMACIÓN NAS ASOCIACIÓNS DE MULLERES RURAIS FEDERADAS CON FEMURO: “ VIOLENCIA DE XÉNERO E MULLERES MAIORES”.

Esta formación levouse a cabo en 6 asociacións da provincia de Ourense, de mulleres rurais. A formación foi levada a cabo nos locais das propias asociacións. 

As asociacións participantes foron:

  • Adiante (A Xironda-Cualedro). 
  • Fonte do Ouro (Sandín- Monterrei)
  • Tres de Maio (Laza) 
  • Nosa Señora do Portal (Ribadavia) 
  • Da Raia (Baltar)
  • Patio do Melo (Ábedes-Verín)

Foron xornadas moi constructivas nas que as mulleres refelexionaron sobre a invisibilización da violencia de xénero no rural, os prexuizos existentes entre a poboación maior e a gravidade do problema.

 

 

 

XORNADA DE RESPIRO FAMILIAR PARA FAMILIAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

No mes de  decembro FEMURO organizou unha Xornada de Respiro Familiar para mulleres superviventes de violencia de xénero e para os seus fillos e fillas.

Estes dous días foron pensados para que estas familias tivesen un espazo de lecer e desconexión fóra da súa rutina e entorno habitual  pero tamén, para que fose un tempo no que se puidese conxugar a parte lúdica e distendida, co traballo de aspectos tan importantes como o empoderamento, a autoestima, o autocoñecemento, etc.

Durante toda a fin de semana, as mulleres, nenos e nenas puideron asistir a  talleres e obradoiros de danzaterapia ou de Re-coñecemento das emocións a través do debuxo, pero tamén de desfrutar de contacontos ou monólogos a cargo das actrices Estíbaliz Veiga, Iria Lamas e Érica González.

               

Aproveitando as datas nas que estamos, ó sábado á noite celebramos unha pre-festa de Nadal e Aninovo. Recibiuse a visita sorpresa dun dos elfos axudantes de Papá Noel que repartiu agasallos e tomamos as “doce uvas violetas”, na que cada unha das badaladas ía acompañada dun adxectivo positivo (valentes, empoderadas, loitadoras, traballadoras…), para simbolizar a entrada dunha nova etapa e un novo comezo.

Por último, tamén tivemos tempo de coñecer un pouco o contorno natural e cultural máis próximo ao realizar unha visita a Praia de Patos de Panxón e a carabela Pinta en Baiona.

Foi unha fin de semana na que todas quixemos camiñar “da man”: apoiándonos, levantándonos e acompañándonos en sororidade.

 

 

 

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN POLO 25N “UN PASO MÁIS CARA A IGUALDADE”: EN CENTROS EDUCATIVOS, COA POBOACIÓN DE VERÍN E COAS ASOCIACIÓNS DE MULLERES RURAIS DA PROVINCIA DE OURENSE

 

Durante a semana previa ao 25 N , fixéronse unha serie de actividades de sensibilización, nas que participaron dous centros educativos de Infantil e Primaria en Verín e Xinzo de Limia, algunhas asociacións de mulleres rurais de Femuro de toda a provincia de Ourense, e a poboación en xeral de Verín. 

 

  • UN PASO MÁIS CARA A IGUALDADE NO CEIP CARLOS CASARES (XINZO)
  • UN PASO MÁIS CARA A IGUALDADE NO CEIP AMARO REFOJO (VERÍN)

Estas dúas actividades consistiron nun contacontos pola igualdade e o respecto e elaboración do mural “un paso máis pola igualdade”. 

 

 

 

  • UN PASO MÁIS CARA A IGUALDADE NAS ASOCIACIÓNS DE MULLERES

 

Cada asociación fixo sesión de fotos que tivera que ver co lema “un paso máis pola igualdade”. Ao final, con todas as a fotos, no 25N, fixemos un vídeo recopilatorio con todas elas.

Participaron as seguintes asociacións de Mulleres Rurais: A Carballa (Rairiz de Veiga) , A Esperanza (A Salgueria-Monterrei) , Nosa Señora do Portal (Ribadavia) , Arcos de Valdeorras (Barco de Valdeorras) , Arnoia (Arnoia) , As Candelas (Pazos-Verín),  Córgomo (Córgomo- Vilamartín de Valdeorras) , Da Raia (Baltar) , Espiñoso (Cartelle) ,  Flor da Xesta (Verín) , Fonte do Ouro (Sandín- Monterrei) , Fonte do Sapo (A Rasela- Verín) , O Toural (Mandín-Verín) , San Pedro (Queizás- Verín) , Tamagos (Tamagos-Verín) , Tres de Maio (Laza) , Veigamuiños (O Barco de Valdeorras).

 

 

 

 

RECREOS DE CONTO: AS MULLERES CONTAN

Nos meses de Outubro e Decembro, nenos e nenas de 1º e 3º de Primaria do CEIP Amaro Refojo a través do Equipo de Dinamización da Biblioteca,  participaron, nas horas dos recreos, nos contacontos pola igualdade e o respecto nos que se contaron historias de mulleres valentes e empoderadas que existiron en realidade e superaron moitas barreiras e situacións de desigualdade para lograr facer grandes cousas.