MERCADIÑO SOLIDARIO DE NADAL

Do 13 ao 23 de decembro abriremos o noso xa tradicional mercadiño solidario de Nadal na Av. de Sousas 37 baixo, de luns a sábado.  

Venderemos cousas doadas, usadas e novas, a precios moi simbólicos, para recadar fondos que invertiremos nos nosos programas sociais. Poderedes atopar xoguetes, libros, artesanía, adornos de nadal, bisutería, menaxe e decoración, artigos de bebé, mochilas e bolsos … E rifas a 1 € para unha cesta de nadal valorada en 200 €! 

Tamén estaremos recollendo alimentos para o programa de emerxencia familiar, no que repartimos produtos de primeira necesidade a familias que se atopan en situación de vulnerabilidade nas comarcas de Verín e Ribeiro.