VIDEOCLIP “DEBÍN GRITAR MÁIS FORTE”

O campamento “Con ritmo violeta” presenta mañá, 16 de setembro, o videoclip elaborado polas e polos adolescentes participantes. Trátase dunha reinterpretación creativa dunha canción de Bad Bunny, á que lle puxeron unha nova letra respectuosa, chea de igualdade e valores positivos.

O estreo terá lugar mañá nas nosas redes sociais, onde se poderá gozar dun proxecto cargado de enerxía, ilusión e talento xuvenil. 

 

DEBIN GRITAR MÁIS FORTE VIDEOCLIP – YouTube

CURSOS DE ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL

Novos cursos de formación en FEMURO con América Gamote

A asociación FEMURO vén de anunciar a posta en marcha de dous cursos dirixidos a familias e profesorado, que serán impartidos por América Gamote, psicóloga educativa e instrutora en educación real.

As propostas formativas son: “Como acompañar emocionalmente na aula e evitar o acoso escolar” e “Acompañamento na tecnoloxía en infancia e adolescencia”.

Ambas actividades contan con prazas limitadas, polo que se recomenda ás persoas interesadas anotarse canto antes chamando a FEMURO. Nos carteis dispoñibles pódese consultar toda a información detallada

VENTA DE LIBROS USADOS

VENTA DE LIBROS!

Luns 25, martes 26 e mércores 27 de marzo! Só durante tres días sacaremos libros á rúa para darlle unha segunda vida, a prezos sorprendentes! Libros de diferentes temáticas e para todos os gustos: infantís, de fantasía, de misterio, cómics,… e para todas as idades! Estaremos dende as 9.30 a 13.30 horas na nosa sede: en Camiño vello de Sousas, 26.

Esperámosvos!

 

MERCADIÑO SOLIDARIO DE NADAL

Do 13  de decembro ao 5 de xaneiro abriremos o noso xa tradicional mercadiño solidario de Nadal de luns a venres. Este ano cambiarenos de ubicación, estaremos na Avd. de Portugal nº6(enfrente ao Gadis). O horario será de 10:3013:30 e 16:30 a 20:00 (os sábados abriremos só de mañá).

poderedes atopar libros, xoguetes, artículos de bazar, artesanías, decoracións de Nadal… e moito máis! Unha marabillosa idea para planificar os vosos agasallos de Nadal ao tempo que contribuídes a realización dos programas sociais de FEMURO.

Tamén estaremos recollendo alimentos para as familias máis vulnerables da comarca. Precisamos productos non perecedeiros como leite, pasta, arroz, legumes en bote… e predutos de hiciene: xel, champú, pasta de dentes….

Este an contamos coa colaboración dos seguintes comercios: 

DOCUMENTAL “A LARANXA COMPLETA”

Este sábado 25 de novembro, Femuro proxectará o documental “A laranxa completa” no Auditorio Municipal de Verín, ás 20:00 horas.
 
Trátase dunha reflexión sobre o amor romántico: os seus mitos, a súa tradición… e como podemos rachar con todos eses estereotipos.

CAMPAÑA 25N

SÍ, SON ABU(SOS)

A campaña deste ano para o 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista,céntrase no CONSENTIMENTO, realizando numerosos obradoiro de sensibilización sobre o tema en diferentes centros educativos.Ademais da creación dun video musical coas Asociacións de Mulleres Rurais que integran a nosa Federación, reivindicando o fin das violencias machistas e o abuso sobre os corpos das mulleres. 

Para finalizar, presentaremos a públic aberto a noso documental exposición “A LARANXA COMPLETA”.

ACTIVIDADE J.K. ROWLING NO CEIP SAN MARCOS DE CARTELLE

Harry Potter acompañó a los alumnos del CEIP San Marcos de Cartelle (laregion.es)

O 24 de outubro Femuro estivo conmemorando no CEIP San Marcos de Cartelle o día das escritoras, pondo en valor á escritora J.K. Rowling, enlazando co proxecto transversal do propio centro inspirado nas novelas de Harry Potter. 

Aproveitamos tamén para falar de todas as personaxes femininas que aparecen nas obras e que son menos coñecidas, pero non menos interesantes, que as masculinas. 

25 ANIVERSARIO FEMURO

Las mujeres reivindicaron su papel en la economía del rural (lavozdegalicia.es)

O 22 de outubro do 2023  Femuro celebrou os seus 25 anos da man de 400 mulleres pertencentes a 35 asociacións de toda a provincia de Ourense. Nun ambiente conmemorativo, presentáronse varios proxectos e actividades realizadas coas asociacións como foron: Aturuxos Violetas e o pre estreno do documental “A laranxa completa: dencontruíndo a flor do azahar”. 

 

1 2 3 13