ACTIVIDADE J.K. ROWLING NO CEIP SAN MARCOS DE CARTELLE

Harry Potter acompañó a los alumnos del CEIP San Marcos de Cartelle (laregion.es)

O 24 de outubro Femuro estivo conmemorando no CEIP San Marcos de Cartelle o día das escritoras, pondo en valor á escritora J.K. Rowling, enlazando co proxecto transversal do propio centro inspirado nas novelas de Harry Potter. 

Aproveitamos tamén para falar de todas as personaxes femininas que aparecen nas obras e que son menos coñecidas, pero non menos interesantes, que as masculinas.