VIDEOCLIP “DEBÍN GRITAR MÁIS FORTE”

O campamento “Con ritmo violeta” presenta mañá, 16 de setembro, o videoclip elaborado polas e polos adolescentes participantes. Trátase dunha reinterpretación creativa dunha canción de Bad Bunny, á que lle puxeron unha nova letra respectuosa, chea de igualdade e valores positivos.

O estreo terá lugar mañá nas nosas redes sociais, onde se poderá gozar dun proxecto cargado de enerxía, ilusión e talento xuvenil. 

 

DEBIN GRITAR MÁIS FORTE VIDEOCLIP – YouTube