https://www.somoscomarca.es/articulo/concellos/mulleres-rurais-valdeorras-celebran-dia-da-muller/20230311220022146846.html?fbclid=IwAR285VpnOj_G1sqpbars_ItRu_vLt0ja2jKJkvfQXAtmCAlNKNeUb62pJGc

As Mulleres Rurais de Valdeorras celebran o Día da Muller

Foron 132 as mulleres pertencentes a seis asociacións da comarca as que participaron nunca comida de confraternizarían na onde Arcos fixo de anfitriona

11 DE MARZO DE 2023

Levaban desde o 2019 sen xuntarse  e celebrárono por todo o alto. Seis asociacións de Mulleres Rurais da contorna entre as que se atopaban as de Veigamuiños, Éntoma, Viloira, Córgomo, A Veiga e a que lle tocou organizar a xuntanza, a de Arcos.

Un coñecido establecemento hostaleiro de Vilamartín foi o lugar da celebración da comida de confraternización á que asistiron 132 mulleres. Ao remate agasallos, unha taza de recordo e baile.

De aí saíu a que organizará o vindeiro ano a xuntanza que será a de  Veigamuiños. A última en ser anfitriona antes da pandemia foi a de Viloira, pero eso xa foi no2019.

 A Asociación de Córgomo aproveitou a xuntanza para homenaxear a dúas das súas socias; Paquita e Conchita. De Paquita , dixo a presidenta Soledad Figueroa, «é a nosa artista. Está metida en todos os fregados da asociación e sempre está cando se necesita». Paquita tamén recitou unha poesía ás nais. De Conchita significou o traballo feito polo asocionismo. Ambas recibiron un ramo de flores.

 No acto tamén estiveron presentes dúas representantes de  Femuro, a entidade sen ánimo de lucro que agrupa ás asociacións de Mulleres Rurais  de Ourense.Unha delas resaltou o traballo e as actividades levadas a cabo polas asociación en días como o 8M ou o 21 N.e instou ás presentes a que os viran na súa canle de Youtube.

Enlace vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=GeE0dgZhQdE