CAMPAÑA 8 DE MARZO
“𝐇𝐀𝐈 𝐌𝐎𝐈𝐓𝐎 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐎 𝐐𝐔𝐄 𝐍𝐎𝐍 𝐕𝐀𝐑𝐑𝐄𝐒 𝐀 𝐂𝐎𝐂𝐈Ñ𝐀”
A nosa campaña do 8 de marzo este ano pon en valor a CORRESPONSABILIDADE, creando conciencia sobre a necesidade de compartir traballos domésticos e descansos, así como de establecer medidas que faciliten a conciliación da vida laboral e persoal.
Faremos, dentro desta campaña, obradoiros en centros educativos, un vídeo musical coas asociacións de mulleres que publicaremos en redes o día 8 de marzo, outro vídeo cos nenos e cas nenas das actividades de Femuro e tamén faremos os seguintes actos por comarcas coas nosas asociacións:
– COMARCA DE VERÍN. 11 de marzo. Andaina “polas mulleres”. Pandereitada feminista e lectura de manifesto.
– COMARCA DE VALDEORRAS. 11 de marzo. Encontro de mulleres. Lectura de poemas e de manifesto feminista.
– COMARCA DO RIBEIRO. 11 de marzo. Andaina “polas mulleres” e lectura de manifesto.
– COMARCA DA LIMIA E ALLARIZ. 12 de marzo. Andaina “polas mulleres” e pandeiretada feminista. Lectura de manifesto.