EXCURSIÓN Á CHAIRA DE AMOROZ (ASOC. ARRAIANOS) CON FEMURO VERÁN

O pasado venres en Femuro Verán, fixemos unha excursión ao ” Centro social, educativo e terapéutico A Chaira de Amoroz da Asociación Arraianos”. 
17 nenas e nenos, e algún papá e mamá, poideron facer un Safari en tractor para ver as vacas e os burros en liberdade (aprendemos que destas vacas saen as hamburguesas ecolóxicas “galeguesas” e que os burros espantan aos lobos) , montaron a cabalo, fixeron un sabroso queixo fresco, xogaron ao tiro con arco e aos bolos e visitaron un poboado celta precioso (Castromao) . Todo esto nun día agotador pero cheo de moitas emocións e vivenzas positivas.

 

OBRADOIRO DE ECONOMÍA PARA NENOS E NENAS

 

Esta semana tivemos a visita de Belén e Inma en FEMURO VERÁN. Son consultoras económicas de OVB e viñeron a facer un obradoiro de ECONOMÍA PARA NENOS E NENAS. Nesta sesión aprenderon a través de dous contos, o sentido do aforro, a orixe do diñeiro e como poden chegar a cumprir os seus soños (entre outras moitísimas cousas). 

MOITÍSIMAS GRACIAS A BELÉN E INMA POR ESTA MARABILLOSA SESIÓN!! 

 

 

 

INAUGURACIÓN DO LOCAL DA ASOCIACIÓN “A RUBIDEIRA”

A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS A RUBIDEIRA DE O REINO (Concello de Piñor) celebrou o pasado sábado 15 DE XULLO o ACTO DE INAUGURACIÓN DO SEU LOCAL SOCIAL sito nesta localidade coincidindo cos 18 anos de traxectoria traballando por e para a muller do rural.

FEMURO non puido faltar a esta cita e compartir coa asociación estes momentos xa que A Rubideira forma parte da federación dende prácticamente os seus inicios

O edificio foi cedido polo Concello de Piñor e grazas á subvencións da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense a asociación puido equipar o local.

O acto deu comezo ás 13.00 h coa recepción e benvida por parte da súa presidenta, Elsa Pajarín Ricoy, ás máis de 100 socias e veciños/as que quixeron estar presentes neste importante acontecemento.

Ademais no acto de inauguración estiveron presentes o Alcalde de Piñor, D. José Luis González, a Secretaria Xeral da Igualdade, Dna. Susana López Abella, o Xefe Territorial da Presidencia en Ourense, D. Manuel Pardo Cid, e Dna. Teresa Cerdeira Valiñas, Deputada da Igualdade da Deputación de Ourense.

O acto estivo cargado de emotividade. A asociación fixo un percorrido dende os seus comezos ata a actualidade, como traballaron ano tras ano e como loitaron para revalorizar o papel da muller rural e achegar recursos e servizos, dinamizando o seu tempo, tanto formativo como de lecer. Houbo así mesmo homeanaxe ás primeiras socias. 
Posteriormente levouse a cabo unha misa solemne na Capela da Milagrosa, e finalmente un xantar de confraternidade no recén estreado local da asociación amenizado con baile.

FESTA INFANTIL FAMILIAR NA PISCINA MUNICIPAL DE VERÍN

O mércores d19 de Xullo os máis pequeniños de Femuro, Aloumiños e Axóuxeres Verán, celebraron na piscina unha festa estival xunto coas súas familias. Aproveitamos tamén para intercambiar xogos e experiencias cos nenos e cas nenas que participan actualmente en Femuro Verán.

Foi unha tarde moi divertida e grandes e pequenos xogaron e remolláronse sen parar. As familias tamén pasaron un rato moi agradable compartindo compañía e experiencias xunto con outras nais, pais, avoas… 

O Concello de Verín colaborou permitindo o acceso gratuito á piscina para estas familias no día de hoxe. Dende aquí agradecemos dita colaboración.

As actividades Aloumiños e Femuro Verán, están enmarcadas dentro do programa para mulleres xestantes e ou lactantes, “Concilia e emprega”, e está financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Concilia e emprega: FSE

 

FEMURO VERÁN: ACTIVIDADES EN XULLO E AGOSTO PARA NENAS E NENOS

Este ano Femuro volve a ter a actividade FEMURO VERÁN. Esta é unha actividade destinada a nenos e nenas de 4 a 12 anos, na que de luns a venres, de 9.30 a 13.30 realizaremos actividades infantís: xogos, manualidades, saídas, animación á lectura, informática, iniciación á historia do arte, historia en feminino, igualdade de xénero, xadrez e xogos de mesa, reforzo escolar, etc. 

Aínda nos quedan unhas pouquiñas prazas. Se estás interesado-a chama canto antes: 988411390

70 KG DE ALIMENTOS RECOLLIDOS NO C.E.I.P. AMARO REFOJO (INFANTIL)

Un ano máis o centro de educación infantil Amaro Refojo quixo colaborar con nós recollendo alimentos para o noso programa “Femuro solidaria” no que se intenta dende Femuro paliar as necesidades de familias con dificultades económicas. 

Dende aquí queremos agradecer ás familias que colaboraron aportando alimentos así como ó profesorado e outros traballadores do centro que sempre están dispostas e dispostos a votar unha mán. 

Esta vez recollemos 70 kg de alimentos e produtos de hixiene. Xa é a segunda recollida do ano neste centro. 

 

 

NOVA ACTIVIDADE PARA NAIS E BEBÉS: ALOUMIÑOS

Durante o mes de xuño, os venres pola mañá temos a nova actividade englobada no programa “Concilia e emprega” para mulleres xestantes ou lactantes con fillos-as a cargo menores de 3 anos, financiado pola Unión Europea e a Secretaría Xeral da Igualdade- Xunta de Galicia, chamada: ALOUMIÑOS.

Cada sesión é independente e trata temas diversos sobre os cuidados dos-as bebés e das nais. As sesións deste mes son:

  • 9 de Xuño. Masaxes infantís: que ademais de relaxar aos pequenos e pequenas tamén poden servir para previr o estreñimento, os cólicos e outras doenzas. 
  • 16 de Xuño. Saúde reproductiva feminina.
  • 23 de Xuño. Primeiros auxilios. 

 En setembro continuaremos con máis sesións. 

Esta sesión foi adicada aos masaxes infantís, que ademáis de relaxar aos pequenos e ás pequenas, poder servir para previr estreñimento, cólicos e outras doenzas.

 

Aloumiños

 

ÉXITO DO NOSO ALUMNADO NOS EXAMES DE COMPETENCIAS CLAVE DA XUNTA

O pasado mes de Maio os alumnos e alumnas de Competencias Clave que se estiveron formando con Femuro a través da orde de Inclusión Social, financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, presentáronse as probas oficiais que convocou a Xunta de Galicia en Silleda. En total foron 45 persoas aproximadamente e aprobaron as Competencias Clave do Nivel 2 máis do 80 %, e as de nivel 3  máis do 50 %. O resto, quedou por unha asignatura que seguro que o ano que vén aproba sen dificultade. 

En calquera caso estamos moi orgullosas do traballo feito por parte do noso alumnado e animamos ós que quedaron con algunha a que o ano próximo a saquen e cambien o dito: a segunda vai a vencida! 

   

1 7 8 9 10 11 13