ÉXITO DO NOSO ALUMNADO NOS EXAMES DE COMPETENCIAS CLAVE DA XUNTA

O pasado mes de Maio os alumnos e alumnas de Competencias Clave que se estiveron formando con Femuro a través da orde de Inclusión Social, financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, presentáronse as probas oficiais que convocou a Xunta de Galicia en Silleda. En total foron 45 persoas aproximadamente e aprobaron as Competencias Clave do Nivel 2 máis do 80 %, e as de nivel 3  máis do 50 %. O resto, quedou por unha asignatura que seguro que o ano que vén aproba sen dificultade. 

En calquera caso estamos moi orgullosas do traballo feito por parte do noso alumnado e animamos ós que quedaron con algunha a que o ano próximo a saquen e cambien o dito: a segunda vai a vencida!