FESTA INFANTIL FAMILIAR NA PISCINA MUNICIPAL DE VERÍN

O mércores d19 de Xullo os máis pequeniños de Femuro, Aloumiños e Axóuxeres Verán, celebraron na piscina unha festa estival xunto coas súas familias. Aproveitamos tamén para intercambiar xogos e experiencias cos nenos e cas nenas que participan actualmente en Femuro Verán.

Foi unha tarde moi divertida e grandes e pequenos xogaron e remolláronse sen parar. As familias tamén pasaron un rato moi agradable compartindo compañía e experiencias xunto con outras nais, pais, avoas… 

O Concello de Verín colaborou permitindo o acceso gratuito á piscina para estas familias no día de hoxe. Dende aquí agradecemos dita colaboración.

As actividades Aloumiños e Femuro Verán, están enmarcadas dentro do programa para mulleres xestantes e ou lactantes, “Concilia e emprega”, e está financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Concilia e emprega: FSE