INAUGURACIÓN DO LOCAL DA ASOCIACIÓN “A RUBIDEIRA”

A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS A RUBIDEIRA DE O REINO (Concello de Piñor) celebrou o pasado sábado 15 DE XULLO o ACTO DE INAUGURACIÓN DO SEU LOCAL SOCIAL sito nesta localidade coincidindo cos 18 anos de traxectoria traballando por e para a muller do rural.

FEMURO non puido faltar a esta cita e compartir coa asociación estes momentos xa que A Rubideira forma parte da federación dende prácticamente os seus inicios

O edificio foi cedido polo Concello de Piñor e grazas á subvencións da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense a asociación puido equipar o local.

O acto deu comezo ás 13.00 h coa recepción e benvida por parte da súa presidenta, Elsa Pajarín Ricoy, ás máis de 100 socias e veciños/as que quixeron estar presentes neste importante acontecemento.

Ademais no acto de inauguración estiveron presentes o Alcalde de Piñor, D. José Luis González, a Secretaria Xeral da Igualdade, Dna. Susana López Abella, o Xefe Territorial da Presidencia en Ourense, D. Manuel Pardo Cid, e Dna. Teresa Cerdeira Valiñas, Deputada da Igualdade da Deputación de Ourense.

O acto estivo cargado de emotividade. A asociación fixo un percorrido dende os seus comezos ata a actualidade, como traballaron ano tras ano e como loitaron para revalorizar o papel da muller rural e achegar recursos e servizos, dinamizando o seu tempo, tanto formativo como de lecer. Houbo así mesmo homeanaxe ás primeiras socias. 
Posteriormente levouse a cabo unha misa solemne na Capela da Milagrosa, e finalmente un xantar de confraternidade no recén estreado local da asociación amenizado con baile.