MERCADIÑO SOLIDARIO DE VERÁN EN FEMURO

Dende Femuro traballamos para acadar a igualdade real entre homes e mulleres, así como para mellorar a vida das persoas que máis sofren a exclusión social. Levamos a cabo diversos programas sociais co obxectivo de paliar necesidades básicas, acompañar, apoiar, formar e axudar na busca de emprego as persoas que o precisan.
Para poder facelo, financiamonos a través de subvencións e pequenas donacións. Este ano, debido a situación da COVID19 todo se complicou: menos axudas, máis xente que o precisa.

Todos os anos conseguimos algo de fondos no mercado solidario organizado polo Concello de Verín o 1 de maio e alguna feria máis á que nos convidan para poder vender libros e outras cousiñas que nos donan. Este ano as feiras tamén quedaron todas suspendidas.
Por este motivo decidimos promocionar o noso propio mercadiño, mediante dúas vías: a través do Facebook, e, puntualmente aproveitando o incremento de poboación neste mes vacacional, en persoa.  Pretendemos así sacar uns pouquiños cartos para axudar a aquelas persoas que o están pasando mal durante esta crise: nais solteiras que dende o mes de marzo tiveron que deixar os seus traballos pola imposibilidade de conciliar, mulleres que ían tendo traballos esporádicos nas casas e deixaron de telos, persoas que non atopan traballo, outras con enfermidades que non lles posibilitan traballar…

Esperamos poder vender todo o posible. Todo estará a prezos moi simbólicos para que a xente se anime e toda a recaudación será destinada aos nosos programas sociais. Os produtos que venderemos serán libros, artesanía, productos personalizados, mochilas, cousiñas de bazar…. E outras doazóns do comercio local de Verín e de particulares.

 

 

 

NOVAS FORMACIÓNS NO PROGRAMA “TECENDO OPORTUNIDADES”

No meses de Xuño, Xullo e Agosto retomamos accións formativas previstas no programa “Tecendo oportunidades”.  

Este programa ten como obxectivo principal mellorar nas mulleres en situacións de vulnerabilidade con baixa titulación (ou ningunha), a súa inserción sociolaboral e as habilidades sociais necesarias para desenvolverse no seu día a día con máis facilidade, promovendo que poidan adquirir os medios e recursos que lles permitan participar en condicións de igualdade na sociedade reducindo deste xeito os factores que causan a súa discriminación. 

Despois do parón a causa da COVID19, volvemos coas seguintes actuacións:

 

“Nova normalidade” en FEMURO

Retomamos parte das accións formativas que quedaron interrumpidas a causa de crise do COVID-19.
Comezamos polas clases de preparación para Graduado en ESA (probas parciais) con todas as medidas de seguridade para alumnado e para profesorado.

Estas accións formativas lévanse a cabo a través da Orde do 13 de xuño de 2018 de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo a través da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

FEMURO RESISTE (COVID 19)

Ao mal tempo boa cara! A pesares da crise sanitaria e social que estamos a pasar, dende Femuro quixemos por a nota positiva e con bo humor facer un vídeo de resistencia entre as asociacións de mulleres, traballadoras de Femuro, usuarias dos nosos servizos e todas as familias coas que estamos a convivir intensamente estes días.

Aquí vos deixamos a ligazón de youtube para que o disfrutedes… RESISTIREMOS E SAÍREMOS XUNTAS!!

 

FEMURO VERÁN 2019

 

No 2019, como levamos facendo os últimos anos, Femuro pon en marcha “Femuro Verán”, un programa de actividades lúdicas para menores dentre 4 e 12 anos, destinado prioritariamente a familias con especiais dificultades económicas, sociais e de conciliación laboral/familiar. 

Femuro Verán é un servizo que estará en funcionamento durante os meses de Xullo e Agosto en horario de mañás e que contará con 18 nenos e nenas. 

As actividades que realizaremos serán: xogos de interior e exterior, manualidades, actividades artísticas/musicais, xestión de emocións, piscina, deportes,  excursións…

 

NOVA DOAZÓN DE LINTEO EDITORIAL

A Editorial Linteo volveunos agasallar con moitísimos libros para público adulto e infantil. Estes libros serán usados nas nosas actividades: Femuro Verán, Reforzo e Moito Máis e Clube de Lectura.

Agradecemos dende aquí esta colaboración tan marabillosa. 

 

NOVA DOAZÓN DE LINTEO EDITORIAL

A Editorial Linteo volveunos agasallar con moitísimos libros para público adulto e infantil. Estes libros serán usados nas nosas actividades: Femuro Verán, Reforzo e Moito Máis e Clube de Lectura.

Agradecemos dende aquí esta colaboración tan marabillosa. 

 

FEMURO PARTICIPA NA I FRASCA DO TERRÓN

Femuro participará na I frasca do terrón, o día 8 DE XUÑO EN CASTRELO DO VAL durante todo o día

Alí venderemos libros usados, artesanía realizada polas mulleres das nosas asociacións e chapas feministas. Os fondos recadados serán destinados a programas sociais.

 

DOAZÓN DAS EDITORIAIS CASALS, BAMBÚ, COMBEL E ONDA

As editoriais Casals, Bambú, Combel e Onda donaron a Femuro moitísimos libros interesantísimos. Moitos destes libros serán empregados nas nosas actividades infantís. Outros foron e serán vendidos en feiras solidarias co fin de recadar fondos para os nosos programas socias (próxima Feira o 8 de Xuño en Castrelo do Val). 

Moitísimas grazas a estas editoriais tan solidarias que colaboran con nós ano tras ano!!

 

 

VENDA DE LIBROS USADOS, CHAPAS E ARTESANÍA

Femuro participa, por terceiro ano consecutivo, na III Feira solidaria organizada polo Concello de Verín, o día 1 de Maio, durante todo o día, na Praza García Barbón.

Exporemos alí a nosa marabillosa exposición: MULLERES CON HISTORIA, unha exposición coa que se visibilizan mulleres que fixeron e fan grandes cousas pola humanidade, representadas por mulleres anónimas de Verín e Xinzo. 

Tamén estaremos recadando fondos para os nosos programas sociais, a través da venda de libros usados para todas as idades e de todas as temáticas, chapas feministas, empoderantes e infantís, artesanía realizada por mulleres rurais (broches, imáns, xoias…) e nos acompañaran nenos e nenas do CEIP Amaro Refojo que pintarán as caras dos máis cativos-as e venderán marcapáxinas solidarios para Save The Children.

 

ALÍ VOS ESPERAMOS!!

 

 

1 3 4 5 6 7 13