MERCADIÑO SOLIDARIO DE VERÁN EN FEMURO

Dende Femuro traballamos para acadar a igualdade real entre homes e mulleres, así como para mellorar a vida das persoas que máis sofren a exclusión social. Levamos a cabo diversos programas sociais co obxectivo de paliar necesidades básicas, acompañar, apoiar, formar e axudar na busca de emprego as persoas que o precisan.
Para poder facelo, financiamonos a través de subvencións e pequenas donacións. Este ano, debido a situación da COVID19 todo se complicou: menos axudas, máis xente que o precisa.

Todos os anos conseguimos algo de fondos no mercado solidario organizado polo Concello de Verín o 1 de maio e alguna feria máis á que nos convidan para poder vender libros e outras cousiñas que nos donan. Este ano as feiras tamén quedaron todas suspendidas.
Por este motivo decidimos promocionar o noso propio mercadiño, mediante dúas vías: a través do Facebook, e, puntualmente aproveitando o incremento de poboación neste mes vacacional, en persoa.  Pretendemos así sacar uns pouquiños cartos para axudar a aquelas persoas que o están pasando mal durante esta crise: nais solteiras que dende o mes de marzo tiveron que deixar os seus traballos pola imposibilidade de conciliar, mulleres que ían tendo traballos esporádicos nas casas e deixaron de telos, persoas que non atopan traballo, outras con enfermidades que non lles posibilitan traballar…

Esperamos poder vender todo o posible. Todo estará a prezos moi simbólicos para que a xente se anime e toda a recaudación será destinada aos nosos programas sociais. Os produtos que venderemos serán libros, artesanía, productos personalizados, mochilas, cousiñas de bazar…. E outras doazóns do comercio local de Verín e de particulares.