DOAZÓN DE ALBA EDITORIAL, ¡¡PRECIOSOS LIBROS!! ¡¡MOITÍSIMAS GRAZAS!!

O pasado 1 de Maio Femuro participou na II Feira Solidaria de Verín vendendo libros usados e pequenos agasallos feitos polos nenos e nenas das nosas actividades. O obxectivo foi recadar fondos para os programas de emerxencia social que se están a levar a cabo de forma permanente dende a entidade.
Tamén contamos cun grupo de voluntarias de Femuro que estiveron pintando e alegrando as caras dos nenos e nenas que acudiron á Feira.
O resultado foi moi satisfactorio, tanto polas doazóns de particulares e de entidades recibidas para vender na Feira (que foron cerca de 600 libros) como polos resultados das ventas.
O próximo ano voltaremos con máis forza!!
Femuro participará por segundo ano consecutivo na II Feira Solidaria de Verín. Este ano estaremos alí vendendo libros usados para conseguir fondos destinados a axudar a familias con necesidade da Comarca de Monterrei.
Durante todo este mes recollemos libros de todo tipo e para todas as idades (agás enciclopedias e libros de texto) que estean en bo estado e nos sirvan para vender ese día.
Durante o mes de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller nas seguintes Comarcas:
Tivemos presenza nos medios de comunicación... Deixámosvos aquí os enlaces:
http://www.laregion.es/articulo/a-limia/mujeres-relatan-lucha-mundo-micromachismos/20170313090730693443.html
http://www.laregion.es/articulo/monterrei/mulleres-rurais-da-comarca-monterrei-reclaman-igualdade/20170312102351693200.html
Durante a semana do 8 de Marzo fixemos actividades relacionadas co Día Internacional da Muller, con nenos e nenas de Educación Infantil do C.E.I.P. Amaro Refojo.
Podedes ver o que fixemos no seguinte apartado:
Nos meses de Abril e Maio Femuro fai novos grupos, en horario de tarde, para a preparación ás probas de Competencias Clave que convocará a Xunta de Galicia no próximo mes de Maio.
Estas formacións levaránse a cabo en Verín e Ribadavia e aínda hai prazas para persoas en situación ou risco de exclusión social. O prazo límite para anotarse e o 16 de marzo (ou ata cubrir prazas).
Para máis información chamar ao: 988.411390 ou acudir a nosa sede en Verín (Camiño Vello de Sousas nº 26).
Polo día da Paz, no C.E.I.P. O Castiñeiro de Laza, a través da Asociación de Mulleres Rurais TRES DE MAIO, colaboraron con Femuro nunha recollida solidaria de alimentos. RECOLLERON 70 KG de produtos non perecedeiros que empregaremos en axudar a moitas familias da Comarca que están a pasar unha situación difícil nestes momentos.
Recordamos que durante todo o ano no noso local de Verín recollemos doazóns tanto de particulares como de entidades.
Esta semana despedimos o ano cunha gran festa de Nadal familiar, á que acudiron as familias participantes nas diferentes accións formativas de Femuro ao longo do ano 2016. Houbo música, merenda, xogos, risas… e unha visita moi especial.
E con este remate de ano máxico queremos desexarvos a todas e a todos ¡¡BO NADAL E FELIZ ANO 2017!!
(Podedes ver máis fotos na nosa páxina de Facebook).
O día 9 de xaneiro comezaremos outra vez coas formacións en Competencias Clave Nivel 2, formando a 2 grupos de 12 persoas cada un, un será en Verín e outro en Ribadavia. As persoas destinatarias desta formación, serán persoas en risco ou situación de exclusión social, e todo estará financiado polo Fondo Social Europeo e a Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia.