NUMEROSOS ACTOS POR COMARCAS POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Durante o mes de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller nas seguintes Comarcas:
- Ribeiro cunha participación de 80 mulleres e a representación dunha obra de teatro a cargo do “Grupo de Teatro de Castrelo de Miño”.
- Monterrei, cunha participación de case 200 mulleres e agasalladas cun espectáculo de Maxia pola Igualdade pola Secretaría Xeral da Igualdade.
- Limia cunha participación de 60 mulleres que asistiron á xornada “quen dixo que as mulleres non podemos?”
- Carballiño, cunha participación de 130 mulleres, agasalladas pola Asociación de Mulleres Rurais “A Rubideira” coa representación da obra de teatro “O Parque de San Antonio”.
- O Barco, cunha participación de máis de 100 mulleres, onde cada unha das asociacións participantes homenaxeou a unha das súas socias.
Tivemos presenza nos medios de comunicación... Deixámosvos aquí os enlaces:
http://www.laregion.es/articulo/a-limia/mujeres-relatan-lucha-mundo-micromachismos/20170313090730693443.html
http://www.laregion.es/articulo/monterrei/mulleres-rurais-da-comarca-monterrei-reclaman-igualdade/20170312102351693200.html