RECOLLIDA DE ALIMENTOS SOLIDARIA NO C.E.I.P. O CASTIÑEIRO (LAZA)

Polo día da Paz, no C.E.I.P. O Castiñeiro de Laza, a través da Asociación de Mulleres Rurais TRES DE MAIO, colaboraron con Femuro nunha recollida solidaria de alimentos. RECOLLERON 70 KG de produtos non perecedeiros que empregaremos en axudar a moitas familias da Comarca que están a pasar unha situación difícil nestes momentos. 

Recordamos que durante todo o ano no noso local de Verín recollemos doazóns tanto de particulares como de entidades.