NOVOS CURSOS DE COMPETENCIAS CLAVE EN VERÍN E RIBADAVIA

O día 9 de xaneiro comezaremos outra vez coas formacións en Competencias Clave Nivel 2, formando a 2 grupos de 12 persoas cada un, un será en Verín e outro en Ribadavia. As persoas destinatarias desta formación, serán persoas en risco ou situación de exclusión social, e todo estará financiado polo Fondo Social Europeo e a Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia.