ABRIMOS NOVAS PRAZAS PARA AGOSTO EN FEMURO VERÁN

Abrimos NOVAS PRAZAS PARA FEMURO VERÁN no mes de agosto. 5 prazas. Para nenos e nenas de 3 a 10 anos. 
Horario: de 9.30 a 13.30, de Luns a Venres.
Actividades a realizar: xogos, manualidades, zumba, historia do arte, informática, animación á lectura, saídas…

Para inscribirse preguntar na oficina ou chamar por teléfono. Horario de mañá.

 

Camiño Vello de Sousas número 26-baixo (Verín)

Teléfono: 988411390 

EXCURSIÓN Á CHAIRA DE AMOROZ (ASOC. ARRAIANOS) CON FEMURO VERÁN

O pasado venres en Femuro Verán, fixemos unha excursión ao ” Centro social, educativo e terapéutico A Chaira de Amoroz da Asociación Arraianos”. 
17 nenas e nenos, e algún papá e mamá, poideron facer un Safari en tractor para ver as vacas e os burros en liberdade (aprendemos que destas vacas saen as hamburguesas ecolóxicas “galeguesas” e que os burros espantan aos lobos) , montaron a cabalo, fixeron un sabroso queixo fresco, xogaron ao tiro con arco e aos bolos e visitaron un poboado celta precioso (Castromao) . Todo esto nun día agotador pero cheo de moitas emocións e vivenzas positivas.

 

OBRADOIRO DE ECONOMÍA PARA NENOS E NENAS

 

Esta semana tivemos a visita de Belén e Inma en FEMURO VERÁN. Son consultoras económicas de OVB e viñeron a facer un obradoiro de ECONOMÍA PARA NENOS E NENAS. Nesta sesión aprenderon a través de dous contos, o sentido do aforro, a orixe do diñeiro e como poden chegar a cumprir os seus soños (entre outras moitísimas cousas). 

MOITÍSIMAS GRACIAS A BELÉN E INMA POR ESTA MARABILLOSA SESIÓN!! 

 

 

 

INAUGURACIÓN DO LOCAL DA ASOCIACIÓN “A RUBIDEIRA”

A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS A RUBIDEIRA DE O REINO (Concello de Piñor) celebrou o pasado sábado 15 DE XULLO o ACTO DE INAUGURACIÓN DO SEU LOCAL SOCIAL sito nesta localidade coincidindo cos 18 anos de traxectoria traballando por e para a muller do rural.

FEMURO non puido faltar a esta cita e compartir coa asociación estes momentos xa que A Rubideira forma parte da federación dende prácticamente os seus inicios

O edificio foi cedido polo Concello de Piñor e grazas á subvencións da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense a asociación puido equipar o local.

O acto deu comezo ás 13.00 h coa recepción e benvida por parte da súa presidenta, Elsa Pajarín Ricoy, ás máis de 100 socias e veciños/as que quixeron estar presentes neste importante acontecemento.

Ademais no acto de inauguración estiveron presentes o Alcalde de Piñor, D. José Luis González, a Secretaria Xeral da Igualdade, Dna. Susana López Abella, o Xefe Territorial da Presidencia en Ourense, D. Manuel Pardo Cid, e Dna. Teresa Cerdeira Valiñas, Deputada da Igualdade da Deputación de Ourense.

O acto estivo cargado de emotividade. A asociación fixo un percorrido dende os seus comezos ata a actualidade, como traballaron ano tras ano e como loitaron para revalorizar o papel da muller rural e achegar recursos e servizos, dinamizando o seu tempo, tanto formativo como de lecer. Houbo así mesmo homeanaxe ás primeiras socias. 
Posteriormente levouse a cabo unha misa solemne na Capela da Milagrosa, e finalmente un xantar de confraternidade no recén estreado local da asociación amenizado con baile.

FESTA INFANTIL FAMILIAR NA PISCINA MUNICIPAL DE VERÍN

O mércores d19 de Xullo os máis pequeniños de Femuro, Aloumiños e Axóuxeres Verán, celebraron na piscina unha festa estival xunto coas súas familias. Aproveitamos tamén para intercambiar xogos e experiencias cos nenos e cas nenas que participan actualmente en Femuro Verán.

Foi unha tarde moi divertida e grandes e pequenos xogaron e remolláronse sen parar. As familias tamén pasaron un rato moi agradable compartindo compañía e experiencias xunto con outras nais, pais, avoas… 

O Concello de Verín colaborou permitindo o acceso gratuito á piscina para estas familias no día de hoxe. Dende aquí agradecemos dita colaboración.

As actividades Aloumiños e Femuro Verán, están enmarcadas dentro do programa para mulleres xestantes e ou lactantes, “Concilia e emprega”, e está financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Concilia e emprega: FSE