DOAZÓNS DE EDITORIAIS

Estes días recibimos en Femuro doazóns de dúas editoriais as que queremos agradecer a súa colaboración.

Estas foron a Editorial LINTEO  e a Editorial EL ZORRO ROJO.

Os libros das editoriais serán empregados, en algúns casos para a venda en feiras solidarias e noutros para ampliar a nosa biblioteca infantil. 

Tamén queremos agradecer a LIBRERÍA PICA PICA EN VERÍN e as oficinas de Mapfre de Verín, que ano tras ano colaboran con nós doando libros para a Feira solidaria, así como os Centros Educativos CEIP Amaro Refojo (Equipo da Biblioteca) e IES Taboada Chivite. 

Con todo esto, non pode faltar o agradecemento a todas as persoas que individualmente colaboraron aportando libros.

O día 1 de Maio podedes atorparnos na III Feira Solidaria do Concello de Verín vendendo estes e outros libros para recadar fondos con fines solidarios.

 

 

NOVAS ACTIVIDADES FORMATIVAS EN XANEIRO

Comeza un ano novo e con el novas actividades formativas: 

  • Cursos de Competencias Clave Nivel 2 e Nivel 3 en Verín e Xinzo.
  • Cursos de preparación para obter o Graduado en ESA (Educación Secundaria para persoas Adultas). En Verín. 

Estes cursos están financiados íntegramente pola Dirección Xeral de Inclusión Social e o Fondo Social Europeo. As persoas participantes deben cumprir unha serie de requisitos para poder participar nelas. Para calquera dúbida e información achegarse ou chamar a FEMURO. 

 

20 ANIVERSARIO DE FEMURO

Este pasado sábado vivimos momentos mois especiais para todas nós: recordos, novos proxectos, recoñecementos….
¡¡20 ANO FIXEMOS XA!! ¡¡COMO PASA O TEMPO!!

Estivemos moi ben acompañadas todas: 400 mulleres 
procedentes de 32 asociacións, Estíbaliz Veiga de presentadora, a Secretaria Xeral da Igualdade Susana López Abella, a Deputada de Igualdade Teresa Cerdeira,a Secretaria da Delegación Territorial da Xunta Silvia Dorado, o Tenente de Alcade Diego Lourenzo e a Concelleira de Educación Cultura e Festexos Emilia Somoza. 

Dende aquí agradecemos ao Concello de Verín a colaboración prestada, así como as empresas: Augas de Sousas, Luina Giménez de Librería Pica Pica, floristería Florciñas, Rubén de Discomóvil Jorge e ao restaurante “O viaxeiro” de Riós. Todos e todas fixéronnos máis doado o traballo. E por suposto…

¡¡MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS MULLERES ASISTENTES!!

RECREOS DE CONTO: AS MULLERES CONTAN

 

Dende Femuro, e en colaboración do Equipo de Dinamización da Biblioteca do C.E.I.P. Amaro Refojo, lévanse a cabo diversas actividades de sensibilización en Igualdade de Xénero no Centro Educativo a través do seu programa “O mundo en Violeta”. Entre elas está “RECREOS DE CONTO: as mulleres contan “ que consiste en sesións de contacontos coeducativos unha vez ao mes na hora do recreo.

 

 

II Feira Violeta: as mulleres nas Artes Gráficas

 

Dende Femuro lévanse a cabo diversas actividades de sensibilización en Igualdade de xénero. Dentro do seu programa “O mundo en violeta” propón a varios centros da Comarca de Verín e un de Xinzo de Limia a “II Feira Violeta: as mulleres nas artes gráficas” . Dita actividade pretende visibilizar a mulleres artistas importantes, da actualidade e do pasado, que debido ao sistema patriarcal e androcéntrico foron, e aínda son, invisibilizadas inxustamente pola historia.

 

 

1 4 5 6 7 8 13