DOAZÓNS DE EDITORIAIS

Estes días recibimos en Femuro doazóns de dúas editoriais as que queremos agradecer a súa colaboración.

Estas foron a Editorial LINTEO  e a Editorial EL ZORRO ROJO.

Os libros das editoriais serán empregados, en algúns casos para a venda en feiras solidarias e noutros para ampliar a nosa biblioteca infantil. 

Tamén queremos agradecer a LIBRERÍA PICA PICA EN VERÍN e as oficinas de Mapfre de Verín, que ano tras ano colaboran con nós doando libros para a Feira solidaria, así como os Centros Educativos CEIP Amaro Refojo (Equipo da Biblioteca) e IES Taboada Chivite. 

Con todo esto, non pode faltar o agradecemento a todas as persoas que individualmente colaboraron aportando libros.

O día 1 de Maio podedes atorparnos na III Feira Solidaria do Concello de Verín vendendo estes e outros libros para recadar fondos con fines solidarios.