20 ANIVERSARIO DE FEMURO

Este pasado sábado vivimos momentos mois especiais para todas nós: recordos, novos proxectos, recoñecementos….
¡¡20 ANO FIXEMOS XA!! ¡¡COMO PASA O TEMPO!!
Estivemos moi ben acompañadas todas: 400 mulleres
procedentes de 32 asociacións, Estíbaliz Veiga de presentadora, a Secretaria Xeral da Igualdade Susana López Abella, a Deputada de Igualdade Teresa Cerdeira,a Secretaria da Delegación Territorial da Xunta Silvia Dorado, o Tenente de Alcade Diego Lourenzo e a Concelleira de Educación Cultura e Festexos Emilia Somoza.
Dende aquí agradecemos ao Concello de Verín a colaboración prestada, así como as empresas: Augas de Sousas, Luina Giménez de Librería Pica Pica, floristería Florciñas, Rubén de Discomóvil Jorge e ao restaurante “O viaxeiro” de Riós. Todos e todas fixéronnos máis doado o traballo. E por suposto…
¡¡MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS MULLERES ASISTENTES!!