LUDOFEMURO
LUDOFEMURO e unha actividade destinada a público infantil, na que unha vez por semana nenos e nenas repartidos en dous grupos (4-6 anos e 7-10 anos) realizan actividades lúdico-educativas, tanto en interior como en exterior.
Así, neste espazo, realizamos actividades tales como:
- Contacontos
- Manualidades
- Xogos grupais
- Xogos de mesa
- Diferentes obradorios: traballo de emocións, igualdade, sexualidade, coidado do medio ambiente, arte, xeografía, música…
- Celebración de festas e días conmemorativos: Samaín, Entroido, 8 de marzo, Nadal…
En tempos de COVID19 esta actividade cobra especial importancia xa que axuda a desenvolver diferentes actividades sociais e relacionais entre os nenos e as nenas e tamén entre as familias, ás que de forma puntual tamén se lles ofrecen obradoiros sobre temas que lles preocupan como a sexualidade, prevención de abuso, etc.
Esta actividade funciona de setembro a xuño, tódolos anos.