Programas sociais – Tecendo oportunidades: FSE
Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
Secretaría Xeral da Igualdade
Operación cofinanciada pola Unión Europea PO Fonddo Social Europeo Galicia 2014-2020
Obxectivo: Promover a igualdade e a inclusión social
O FSE inviste no teu futuro
Dende o ano 2010 levamos a cabo o programa “Concilia e Emprega”. Este programa (que podedes ver na pestana PROGRAMAS SOCIAIS/ CONCILIA E EMPREGA) estaba destinado a mulleres xestantes e/ou lactantes con fillos ou fillas menores de 3 anos.
No 2020, para darlle continuidade as mulleres das que xa levabamos seguimento, e tamén para engadir outros perfís novos, creamos “Tecendo Oportunidades” esta vez para mulleres con escasa ou ningunha cualificación e cas que, a través de este programa, asesoraremos, formaremos e capacitaremos para o mundo laboral así como para o seu desenvolvemento persoal.
Este programa ten como obxectivo principal mellorar nas mulleres en situacións de vulnerabilidade con baixa titulación (ou ningunha), a súa inserción sociolaboral e as habilidades sociais necesarias para desenvolverse no seu día a día con máis facilidade, promovendo que poidan adquirir os medios e recursos que lles permitan participar en condicións de igualdade na sociedade reducindo deste xeito os factores que causan a súa discriminación.
O programa inclúe as seguintes liñas de actuación:
- Servizos de orientación e información sobre recursos singularizados, de atención, orientación e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos que faciliten ás persoas usuarias o seu proceso de integración social.
- Servizo de mediación familiar e intercultural. Servizo a disposición das familias beneficiarias do programa, con planificación de actuacións, visitas domiciliarias e acompañamentos.
- Actividades para adquisición de habilidades persoais e socias básicas ou de competencias para a mellora da empregabilidade: formacións en alfabetización, lingua española, atención ao cliente, informática, busca de emprego, ecofeminismo, autoestima e empoderamento….
- Servizo de apoio e orientación laboral para a mellora da empregabilidade. Esta liña e permanente en Femuro e inclúe: elaboración do currículo, inscrición na bolsa de emprego de Femuro, información sobre recursos para a busca de emprego, pautas para superar unha entrevista de traballo, en en xeral, apoio e asesoramento en calquera dúbida que lles poirda xurdir neste senso.
O número total de beneficiarias do programa ascende a unhas 50 mulleres ao ano.