2019
Mediante a colaboración da Dirección Xeral de Inclusión Social (Xunta de Galicia) e o Fondo Social Europeo, FEMURO desenvolveu diversas accións formativas para facilitar a inserción socio-laboral das persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social debido a factores económicos, sociais ou persoais, derivadas maioritariamente polos Equipos de Inclusión de Sarreaus e Barbadás cos que se mantivo unha coordinación continua ao longo de todo o programa.
O programa foi levado a cabo en Verín, no local social de FEMURO, e en Celanova, no IES Celso Emilio Ferreiro.
As actuacións levadas a cabo este ano foron:
EN VERÍN:
- Competencias Clave Nivel 2: do 14 de Xaneiro ao 10 Maio. 171 horas. 32 persoas participantes.
- Competencias Clave Nivel 3: do 14 de Xaneiro ao 10 Maio. 171 horas. 10 persoas participantes.
- Graduado en E.S.A. dende 1º: do 14 de Xaneiro ao 12 de Xuño. 114 horas. 8 alumnas participantes.
- Graduado en E.S.A. dende 3º: do 15 de Xaneiro ao 14 de Xuño. 114 horas. 10 alumnas participantes.
- Traspasando Fronteiras: coñecemento dos valores e características da sociedade galega e española :do 13 de Maio ao 10 de Xuño. 60 horas. 6 alumnas participantes de orixe estranxeira.
- Graduado en E.S.A. dende 1º: do 16 de Setembro ao 25 de novembro . 63 horas. 11 alumnas participantes.
- Graduado en E.S.A. dende 3º: do 17 de setembro ao 26 de novembro. 63 horas. 13 alumnas participantes.
- Traspasando Fronteiras: coñecemento dos valores e características da sociedade galega e española. Dende o 4 ao 31 de outubro. 60 horas. 12 alumnas participantes.
EN CELANOVA:
- Preparación para proba libre do GRADUADO EN ESA. Módulos lingüístico e social. 108 horas. 11 persoas participantes.