II Feira Violeta: as mulleres nas Artes Gráficas

 

Dende Femuro lévanse a cabo diversas actividades de sensibilización en Igualdade de xénero. Dentro do seu programa “O mundo en violeta” propón a varios centros da Comarca de Verín e un de Xinzo de Limia a “II Feira Violeta: as mulleres nas artes gráficas” . Dita actividade pretende visibilizar a mulleres artistas importantes, da actualidade e do pasado, que debido ao sistema patriarcal e androcéntrico foron, e aínda son, invisibilizadas inxustamente pola historia.