ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE SAMAÍN POLO ALUMNADO DO CURSO

O alumnado dos curso “Actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil” e “Técnicas e recursos de animación en actividades de tempo libre” preparou diversas actividades relacionadas coas festas de Samaín no C.E.I.P. Amaro Refojo de Verín.
As actividades levadas a cabo foron, a modo de prácticas do curso, as seguintes:
- Contacontos “Camuñas”
- Circuito de xogos terroríficos
- Manualidades terroríficas
- Gran festa de Samaín
Este curso está subvencionado a través da orde de Inclusión Social, financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.