MULLERES QUE CONTAN

Mulleres que contan é un espazo onde mulleres que previamente non se coñecen, comparten un par de horas á semana un tempo para falar, para escoitar, para rir, para chorar…

En mulleres que contan, a través da lectura dun pequeno conto, historia, poesía ou reflexión, expresaremos sentimentos, contaremos experiencias ou simplemente escoitaremos outros puntos de vista. 

Se queres ter un tempo para ti mesma, facer novas amizades, participar nun espazo de confianza… este é o teu lugar! 

Prazas abertas!! Comezamos en outubro cos novos grupos!! 

 

PLAN CORRESPONSABLES

 

PLAN CORRESPONSABLES

O Plan Corresponsables é unha nova política pública da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade que ten por obxectivo iniciar o camiño cara a garantía do coidado como un dereito en España dende a óptica da igualdade entre mulleres e homes, ao amparo do artigo 44 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes e dende un enfoque de garantía de dereitos universais.

Con este Plan preténdese satisfacer as distintas necesidades de coidado da poboación, deseñando sistemas integrais de coidado dende unha perspectiva de xénero, interseccional e de dereitos humanos que promova a corresponsabilidade entre mulleres e homes, Estado, mercado, familias e comunidade.

Información ampliada na pestana EMPREGO E FORMACIÓN/ PLAN CORRESPONSABLES.

 

MERCADIÑO SOLIDARIO DE VERÁN

Por fin podemos anunciarvos que dende o 𝐝í𝐚 𝟏 𝐚𝐭𝐚 𝐨 𝟔 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 abriremos de novo as portas desta iniciativa que tanto nos gusta!

Como en edicións anteriores, poderedes atopar 𝐥𝐢𝐛𝐫𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐧𝐝𝐚 𝐦𝐚𝐧, 𝐨𝐛𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐝𝐞𝐜𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧, 𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬𝐚𝐧í𝐚, 𝐛𝐢𝐬𝐮𝐭𝐞𝐫í𝐚, 𝐱𝐨𝐠𝐮𝐞𝐭𝐞𝐬… 𝐞 𝐦𝐨𝐢𝐭𝐨 𝐦á𝐢𝐬! Xa sabedes que todo o recadado irá destinado aos nosos programas sociais 😊.

👉🏽 Estaremos á vosa disposición de 𝐥𝐮𝐧𝐬 𝐚 𝐬á𝐛𝐚𝐝𝐨 en horario de 𝟗:𝟑𝟎 𝐚 𝟏𝟒:𝟑𝟎 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬.

📍 𝐀𝐯𝐞𝐧𝐢𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐒𝐨𝐮𝐬𝐚𝐬, 𝐧º𝟑𝟕.

☎️ Para máis info: 988.41.13.90. 

XVIII FORO DA IGUALDADE

Xa temos o noso FORO DE IGUALDADE 2022 NA SÚA XVIII EDICIÓN!!

Dúas xornadas de reflexión sobre a violencia machista de carácter estructural a través das experiencias profesionais e persoais de mulleres que conseguiron romper o teito de cristal en distintos eidos (político, científico, asociacionismo, deportivo…).

Ademais crearemos referentes entre o público infantil e teremos unha xornada (o sábado á tarde) adicada a el@s chamada “mates nas mans”. 

Desfruta tanto das xornadas para público adulto como para público infantil gratuitamente con inscrición previa (data límite 30 de xuño). 

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfEceXN3IPPdlSfAgOrqRfBPu7kL7sebRZSlgTLH6uFL7zFng/viewform

 

 

CAMPAÑA 8M

A campaña do 8M 2022 ven cargada de novas propostas e actividades!! Este ano queremos dar especial relevancia ás mulleres no ámbito deportivo. 

Seguídenos nas redes sociais: Facebook, Instagram e Youtube e ¡¡ animádevos a participar na nosa campaña!! 

Deixamos aquí a ligazón do noso primeiro vídeo, protagonizado polos nenos e polas nenas de LUDOFEMURO, no que se pretende visibilizar ás mulleres deportistas: https://www.youtube.com/watch?v=Jr2VaG3XsqY&t=37s

 

 

MERCADIÑO SOLIDARIO DE NADAL

Durante este mes de Decembro e os días previos ao día de Reis, teremos aberto o noso mercadiño solidario de Nadal, onde venderemos todo tipo de cousas doadas por particulares e empresas e cuxos beneficios irán destinados íntegramente a proxectos sociais de Femuro. 

Haberá LIBROS, OBXECTOS DE ARTESANÍA, ADORNOS DE NADAL, BOLSAS DE TELA PINTADAS A MÁN, OBXECTOS DE BAZAR, XOGUETES E XOGOS, ARTIGOS DE BEBÉ, COMPLEMENTOS, MOCHILAS….

 

 

 

DOAZÓN DE LIBROS DENDE AS EDITORIAIS

Dende as editoriais  COMBEL, CASALS, BAMBÚ e LINTEO, recibimos con moita ledicia libros marabillosos para usar nas nosas actividades  e tamén para vender no noso mercadiño solidario de Nadal. 

Queremos agradecer a solidariedade que amosan estas empresas, que ademais non é a primeira nin a segunda vez que colaboran con nós, e desexamos que non sexa a última. 

1 2 3 4 5 13