ENTREGA DE DIPLOMAS DAS FORMACIÓNS DE INCLUSIÓN SOCIAL

O pasado Luns, fixemos o acto de entrega de diplomas das actuacións formativas realizadas a través da convocatoria de Inclusión Social 2017/2018: Cursos preparatorios para Competencias Clave en Verín, Ribadavia e Maceda, actividades de Educación no tempo libre infantil e Xuvenil, Técnicas e recursos de animación en actividades de tempo libre, Procesos grupais e educativos no tempo libre infantil e xuvenil e a formación para inmigrantes “Traspasando Fronteiras”.

Neste acto estiveron presentes o Director Xeral de Inclusión Social Arturo Parrado Puente, a Xefa Territorial da Consellería de Política Social Mª José Fernández Laso, a representante do Concello de Verín (concelleira de Cultura) Emilia Somoza, e por suposto a nosa Presidenta, Mª Isabel Garrido Blanco.