O próximo luns, 27 de Xuño, comeza…. FEMURO VERÁN

Do 27 de Xuño ao 2 de setembro, en horario de 8 a 15 horas, Femuro pon en marcha unha ludoteca infantil, que pretende conciliar a vida familiar e laboral por un lado, e dotar aos nenos a ás nenas de habilidades e recursos sociais, coginitivos, persoais e relacionais, así como ser unha alternativa de ocio durante as longas vacacións estivais.

As familias escollidas para participar neste programa son, prioritariamente, familias vulnerables, en situación ou risco de exclusión social.

Nesta actividade participarán un total de  25 nenas e nenos, de idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos, e consistirá na realización de xogos, manualidades, excursións, obradoiros (sobre primeros auxilios, sobre alimentación, sobre saúde…), reforzo escolar, hábitos saudables, traballo de emocións e hablidades sociais, etc.

Dos 25 nenos e nenas, 10 participarán, unha vez que rematen as actividades da mañá, no comedor Social.

150 KG DE ALIMENTOS RECOLLIDOS NO C.E.I.P. (Infantil) AMARO REFOJO

O pasado Venres 17 de xuño, recollemos alimentos no C.E.I.P. de Infantil Amaro Refojo. A recollida solidaria tivo unha gran aceptación, e conseguimos 150 kg de alimentos non perecedeiros e produtos de hixiene.

Con todo esto poderemos axudar a moitas familias da Comarca de Monterrei durante o periodo estival, que se atopan en situación de vulnerabilidade, todas elas, con fillos e/ou fillas menores a cargo.

Queremos dende aquí agradecer, primeiramente, ao centro educativo que nos deixou facer esta recollida, e en segundo lugar, e non menos importante, a todas as familias que colaboraron. Moitísimas grazas a todas e a todos!!

GRAN ÉXITO DO ALUMNADO DE COMPETENCIAS CLAVE NAS PROBAS OFICIAIS DA XUNTA DE GALICIA

Despois de moitos meses de esforzo os resultados foron visibles.

No curso de Verín presentáronse 22 alumnas e alumnos dos cales:
6 aprobaron os dous niveis (nivel 2 e nivel 3)
9 aprobaron o nivel 2
2 aprobaron o nivel 3

No curso de Ribadavia, presentáronse 19 ao nivel 2, dos cales resultaron aptos-as 16.

E o resto…. quedaron por unha asignatura.

PARABÉNS A TODAS E A TODOS!!