PRÓXIMAMENTE MERCADIÑO SOLIDARIO

No mes de Decembro abriremos o noso xa tradicional MERCADIÑO SOLIDARIO de Nadal. Nel venderemos a prezos moi asequibles artigos novos e usados de: decoración, libros, xoguetes, complementos, artesanía… 

Para que este mercadiño se poida levar a cabo contamos coas doazóns e o traballo e moita xente particular, voluntarias e comercios que nos donan mercancías, local, coñecementos, traballo…

Recollemos durante este mes e parte do que ven calquera cousiña que podamos vender no mercadiño (non recollemos roupa nin calzado).

SEMANA DAS ESCRITORAS NO CEIP AMARO REFOJO

Durante a última semana de Outubro Femuro achegará ao alumnado de Primaria do CEIP Plurilingüe Amaro Refojo unha sesión sobre a vida e obra dunha escritora. As sesións serán en modalidade telemática. 

Dita actividade está enmarcada dentro dun Convenio asinado coa Secretaría Xeral da Igualdade para actividades de igualdade e prevención e loita contra a Violencia de Xénero, financiado cos fondos do Pacto do Estado contra a Violencia Machista. 

SAMAÍN EN IGUALDADE NO CEIP AMARO REFOJO

Os días 25, 27 e 29 de Outubro, o Voluntariado Violeta de Femuro levará a cabo varias actividades co alumnado de Educación Infantil do CEIP Amaro Refojo en horario lectivo no parque da Alameda en Verín. 

As voluntarias atopánse nestes momentos nun período formativo con prácticas, e serán as encargadas de dinamizar aos nenos e ás nenas con xogos coeducativos de Samaín. 

Esta actividade está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

WEB SERIE DE FEMURO “EL CONSENTIMIENTO”

 
 
“El consentimiento (¡Para niños y niñas!) Cómo poner límites, pedir respeto y estar a cargo de ti mismo” é un libro de Rachel Brian que nos fala de manera moi divertida e clara como empoderar aos mais pequenos e pequenas a previr calquera tipo de abuso. 
 
A través do Convenio asinado, por cuarto ano consecutivo, coa Secretaría Xeral da Igualdade, cos Fondos do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero, creamos esta web serie cos diferentes grupos de nenos e nenas que pasan polas actividades de Femuro.
 
Cada mes publicaremos un, con protagonistas comúns e tamén outros novos e novas. Para ver o primeiro capítulo deixamos a seguinte ligazón:
 
Para non perder os seguintes capítulos (o próximo 6 de outubro) podedes suscribiros a nosa canle “Femuro Ourense Verín” e activar as notificacións. 
 
Deixamos aquí o artigo de prensa:
https://www.laregion.es/articulo/monterrei/pequenos-femuro-convierten-actores/202109031755511060063.html

FEMURO VERÁN VIOLETA

Un ano mais, dende Femuro, poremos en marcha nos meses de Xullo e Agosto as tradicionais actividades de Femuro Verán, destinadas a nenos e nenas dentre 4 e 12 anos. Este ano primarán as actividades en exterior, e haberá moitos xogos, obradoiros de distintas temáticas, excursións e MOITA MOITA IGUALDADE.  

O grupo e moi reducido e por este motivo as prazas nestes momentos están completas, pero pódense anotar en lista de agarda por se houbera algunha baixa. 

Esta actividade está financiada en parte pola Deputación Provincial de Ourense. 

 

 

 

XVII Edición do Foro da Igualdade

Retomamos unha das nosas actividades anuais: O FORO DE IGUALDADE!! Este ano, a nosa XVII Edición, versará sobre diferentes manifestacións de violencia xénero.
Terá lugar o sábado 5 de Xuño no Auditorio de Verín en horario de mañá, reservade a vosa prazo cubrindo o cuestionario (é só un minuto). GRATUITO.
 
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScYAuxs6yiB6iQc3umWR5GvqPeaKNt_HVRAE42XzLHjJYSiGA/viewform
 
 
 

MULLERES QUE CONTAN

Esta é unha actividade na que as mulleres poden atopar un espazo de confianza para falar, para escoitar, para reflexionar….

Os grupos son moi reducidos (máx. 5 mulleres) e trátase de escoitar unha historia, un conto, unha lenda… que nos levará a unha reflexión e a unha serie de actividades que potenciarán determinadas habilidades sociais. 

 

HORTAS POLA IGUALDADE

Decora a túa horta, xardín, planta, árbore… con motivos de igualdade, e mándanos a túa foto para que poidamos subila as nosas redes sociais e ser parte así da nosa campaña do 8M. 

 

1 2 3 4 5 6 13