90 KG DE ALIMENTOS RECOLLIDOS NA FEIRA SOLIDARIA

O domingo 15 de maio participamos na Feira Solidaria de Verín cun posto para recoller alimentos non perecedeiros e produtos de hixiene persoal.

Recadamos case 90 kg de alimentos, e ademáis xeles e champús, pastas e cepillos de dentes, cueiros e toallitas….

Todos estes produtos axudarán as familias que están no noso programa “Femuro Solidaria”, facilitándolles un pouquiño a vida, que nestes momentos está sendo para eles e para elas moi complicada, e sobretodo, para que os-as menores de esa familia non boten a faltar as cousas máis básicas de súa alimentación e hixiene.

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE COLABORASTES!!

ESTE DOMINGO RECOLLIDA DE ALIMENTOS SOLIDARIA

O domingo 15 de maio, estaremos na Feira Solidaria, na praza da Merced de 10 a 20 horas, recollendo produtos de primeira necesidade para familias desfavorecidas da comarca de Verín. Calquera aportación será ben recibida, pero necesitamos, prioritariamente:  leite, aceite, arroz, conservas,tomate frito, cacao en pó, legumes en bote, alimentos infantís e productos de hixiene (xel, champú, cueiros…).

lona recollida productos

 

 

Novo curso de Competencias Clave N.2 en Ribadavia

Esta semana comezamos en Ribadavia o curso preparatorio de Competencias Clave Nivel 2, a falta dun mes de que sexan as probas oficiais da Xunta en Silleda. Nesta formación participan un total de 21 alumnos e alumnas repartidos en turnos de mañá e de tarde no centro Sociocomunitario de Ribadavia.

Por outra banda, continuamos en Verín con 2 grupos, un de Nivel 2 e outro de Nivel 3, tamén coa finalidade de que aproben as mencionadas probas.

As 4 actividades formativas están financiadas pola Consellería de Política Social-Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

Curso de Competencias Clave en Ribadavia

Esta semana comezamos en Ribadavia o “curso preparatorio de Competencias Clave Nivel 2” a falta dun mes para que sexan as probas oficiais da Xunta de Galicia en Silleda. Hai 21 alumnos e alumnas formándose neste eido, repartidos en dous grupos (de mañá e de tarde) no Centro Sociocomunitario de Ribadavia.

En Verín por outro lado, continuamos con 2 grupos que xa levan desde Outubro na nosa sede.

Todas estas actividades están financiadas pola Consellería de Política Social- Dirección Xeral de Inclusión Social, da Xunta de Galicia, e polo Fondo Social Europeo.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER EN LAZA

Este Sábado día 12 de Marzo, conmemoramos en Laza o día Internacional da Muller e máis o 20 Aniversario da Asociación de Mulleres Rurais 3 de Maio. Haberá celebración, xantar e baile. Están convidadas tódalas las asociacións de Femuro que se inscribiran previamente. Alí vos esperamos!!

dia-de-la-Mujer web

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER NO C.E.I.P. DE INFANTIL “AMARO REFOJO”

Estes días, estamos a facer un ciclo de actividades cos pequenos e pequenas de Educación Infantil do Colexio Amaro Refojo, para conmemorar o día Internacional da Muller.

Estas actividades consisten nunha sesión de “contacontos de xénero” a partir do cal faise unha reflexión global sobre os estereotipos e os roles de nenos e nenas, e unha pequena actividade para rematar. Ademáis, explicámoslles en qué consiste o día Internacional da Muller.

Os contos empregados para estas actividades son: “Rosa Caramelo” e “La historia de los bonobos con gafas”, ámbolos dous de Adela Turín.

A última actividade está prevista para este Xoves día 10 de Marzo. Queremos agradecer ás profesoras deste colexio a súa boísima predisposición a albergar ditas actividades.

Se queredes ver as fotos destas xornadas tan enriquecedoras, podédelas ver no noso Facebook.

62946 ROSA CARAMELO PORT.fh11 bonobos portada.fh11

1 11 12 13