CONCENTRACIÓN 25 N

En conmemoración do día Internacional contra a violencia de xénero o Centro de Información á Muller e Femuro, organizamos unha concentración o 25 de Novembro na Praza do Concello de Verín ás 20.30, a que haberá que asistir vestidos e vestidas de loito en sinal de tristeza coas vítimas.

25n 2016

Visionado Documental: CHICAS NUEVAS 24 HORAS

Con motivo do 25N, día internacional contra a violencia de xénero, o Centro de Información á Muller de Verín e Femuro organizamos unha serie de actividades, entre elas esta: visionado do documental de Mabel Lozano “Chicas nuevas 24 horas”.

Será no auditorio municipal, o luns 28 de novembro ás 20.15 para todos os públicos.

luns 28 de novembro 2016

100 KG DE ALIMENTOS RECOLLIDOS NO C.E.I.P. AMARO REFOJO

De novo, o C.E.I.P. Amaro Refojo, no Centro de Educación Infantil, colaborou con nós na recollida solidaria de Alimentos durante os días 6 e 7 de Novembro.

Moitas familias quixeron colaborar e conseguimos recoller 100 kg de alimentos, e tamén cueiros e outros produtos de hixiene.

Agradecemos dende aquí ao Centro Educativo e ás familias que colaboraron.

E para aquelas persoas que queirades colaborar en calquera outro momento, recordamos que no noso local (camiño vello de sousas 26- Verín) recollemos doazóns durante todo o ano.

FESTA SAMAÍN C.E.I.P AMARO REFOJO

Este ano, as alumnas de prácticas do curso “Procesos grupais e educativos no tempo de lecer infantil e xuvenil”, realizado por Femuro nos meses de Outubro e Novembro a través da Orde de Inclusión Social da Xunta de Galicia, coa aportación económica do Fondo Social Europeo, organizaron un circuito de “Xogos terroríficos” na festa do Samaín que organizaba a ANPA e o propio centro educativo.

Nenos e nenas de todas as idades gozaron de xogos como o “laboratorio do terror”, “medo en paracaídas”, “as cabazas mareadas”, “maquillaxe terrorífico” e moitos xogos máis.

DÍA DA MULLER RURAL NA MEZQUITA

DÍA DA MULLER RURAL NA MEZQUITA.  29 de Outubro. 

Como cada ano, Femuro colaborou na conmemoración do Día da Muller Rural. Un acto que este ano  correu a cargo da Asociación Cultural “Os tres reinos”, da Mezquita.

O día 29 de Outubro, arredor de 250 mulleres das Asociacións de MM.RR. integradas en Femuro, reuníronse na Mezquita para conmemorar a loita da muller co propósito de facer visible o seu papel no desenvolvemento económico e social no medio rural.

Para máis información e fotos:

2016

VIAXE A PAMPLOMA. PRAZAS LIBRES!!

cartel pamplona

 

PROGRAMA:

Domingo, 9 de Outubro

  • Saída dos puntos de orixe e xantar polo camiño (Incluído)
  • Visita Estella, cidade romántica que atesoura palacios, casas señoriais, igrexas, conventos, pontes e fermosos edificios que fan que a coñezamos como “A Toledo do Norte”.
  • Saída para Pamplona, chegada ao Hotel e reparto de habitacións. Hotel Albret ***
  • Cea

 

Luns, 10 de Outubro

  • Almorzo
  • Visita Sanguesa, coñecida por ser unha das paradas máis utilizadas polos    Ten un variado patrimonio, edificios medievais, palacetes renacentistas e barrocos, o “Museo de Relojess de Torre”
  • Xantar no Hotel
  • Visita Olite, coñecido como o “Camelot de Navarra”, destaca o seu Castelo (xoia dos Góticos Europeos)

 

Martes, 11 de Outubro

  • Almorzo no Hotel
  • Visita a Pamplona , percorrido en autobús pola cidade moderna (Parque Yamaguchi, Planetario, Universidade, Ciudadela – gran fortaleza militar  con forma de estrela convertida en espazo verde no centro da cidade.  Paseo a pé polo casco       vello, Praza Castel,  a Catedral, as rúas por donde corren os touros.
  • Xantar no Hotel
  • Visita ao “Castillo de Javier”, berce de Francisco Javier, patrón de Navarra, das misións e do turismo en España.
  • Visita “Monasterio de San Salvador de Leyre”, un dos conxuntos monumentais máis atractivos e entrañables de Navarra.
  • Cea no Hotel

 

Mércores, 12 de Outubro

  • Almorzo no Hotel
  • Visita Igrexa de Santa María de Eunate, unha da igrexas máis suxerentes do Camiño de Santiago, sinxela, orixinal e misteriosa.
  • Visita Puente La Reina, fermosa vila con rúas estreitas e adoquinadas. Hito no Camiño de Santiago, xa que é donde se unen o Camiño Francés que se inicia en Roncesvalles e o Aragonés que parte de Somport e pasa por Jaca.
  • Xantar en ruta (incluído). Volta a casa.

RESOLUCIÓN DAS AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO

O 28 de xullo publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 14 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160728/AnuncioG0244-150716-0002_gl.html

 

 

1 9 10 11 12 13