2017

Durante os meses de Xullo e Agosto, en horario de 9.30 a 13.30, pon en marcha por segundo ano consecutivo a súa ludoteca infantil, que pretende conciliar a vida familiar e laboral por un lado, e dotar aos nenos a ás nenas de habilidades e recursos sociais, coginitivos, persoais e relacionais, así como ser unha alternativa de ocio durante as longas vacacións estivais.

As familias escollidas para participar neste programa foron, prioritariamente, familias vulnerables, en situación ou risco de exclusión social, pero este ano tamén participaron familias de outros tipos co fin de integrar nenos e nenas de todas as tipoloxías e circunstancias. 

Nesta actividade participan un total de  16 nenas e nenos, de idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, e consiste na realización de xadrez e xogos de mesa, xogos grupais e ao aire libre, manualidades, excursións, obradoiros (cociña, xeografía, arte, igualdade, economía), reforzo escolar, traballo de emocións e hablidades sociais, informática, baile e actividades deportivas, animación á lectura…