2017

 

        

 

“O FSE Invirte no teu futuro”

Mediante a colaboración da Dirección Xeral de Inclusión Social e o Fondo Social Europeo, FEMURO desenvolve diversas accións formativas co OBXECTIVO de  facilitar a inserción socio-laboral das persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social, debido a factores económicos, sociais ou persoais ( Segundo se recolle no EC, resumido no OT9. ” Promover a igualdade, a saúde e a inclusión social”)

As accións formativas levadas a cabo durante o 2017 e 2018 foron e van ser as seguintes:

EN VERÍN:

  • Competencias Clave Nivel 3. (Abril-Maio 2017). 76 horas. 
  • Competencias Clave Nivel 2. (Abril-Maio 2017). 84 horas. 
  • Actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil. (Setembro-Outubro 2017). 66 horas teóricas+40 prácticas
  • Técnicas e recursos de animación en actividades de tempo libre. (Outubro-Novembro 2017). 66 horas teóricas+ 90 prácticas.
  • Procesos grupais e educativos no tempo libre infantil e xuvenil. (Novembro 2017). 36 horas teóricas + 40 prácticas.
  • Traspasando fronteiras. (Xaneiro-Febreiro 2018). 60 horas. 
  • Competencias Clave Nivel 2. (Febreiro Maio 2018). 153 horas.

 

EN RIBADAVIA:

  • Competencias Clave Nivel 3. (Abril-Maio 2017). 76 horas.
  • Competencias Clave Nivel 2. (Abril-Maio 2017). 84 horas.
  • Competencias Clave Nivel 2. (Febreiro-Maio 2018). 153 horas. 

 

 

 

E para facilitar a formación daquelas persoas que teñan dificultades para conciliar a súa vida familiar con estas actividades, tamén dispomos do SERVIZO DE CONCILIACIÓN. Este consiste en que, durante o tempo que dura a súa formación en devanditos cursos, fan uso do servizo ofrecido por FEMURO (subvencionado tamén pola Dirección Xeral de Inclusión Social e o FSE) deixando as/os menores que teñen a cargo en mans dunha persoa con coñecementos en animación infantil que leva a cabo diversas actividades socioeducativas e de coidado dos/as mesmos/as:

 

  • Contacontos
  • Xogos
  • Manualidades
  • Actividades de estimulación psicomotriz…