Reforzo e moito máis
A actividade “Reforzo e moito máis” está enmarcada, dende o ano 2017 dentro do programa subvencionado pola Deputación de Ourense “Programa de Atención a Familias en situación ou risco de Exclusión social con menores a cargo”.
Non obstante, dita actividade está levándose a cabo de forma continua dende o ano 2015 con fondos propios.
Unha tarde á semana, durante o curso escolar (de Setembro a Xuño) nenos e nenas de 3 a 10 anos participan nesta actividade na sede social de Femuro (en Verín).
Femuro pretende ser neste caso, un espazo no que nenos e nenas desenvolvan habilidades persoais, aprendan a xestionar as súas emocións, adquiran hábitos saudables, e se relacionen gozando das actividades lúdicas que lles propomos.
Así, algunhas das actividades que realizamos son: reforzo escolar, obradoiros de cociña, informática, xogos, manualidades, celebración de días internacionais (día da muller, día da paz, día do teatro…), festas tradicionais (entroido, nadal…) cancións, animación a lectura, sesións musicais, expresión artísitica, educación emocional…
Procuramos que este espazo sexa un espazo creativo, de boas relacións, de ambiente agradable e no que nenos e nenas poidan expresar libremente os seus desexos, emocións e preocupacións e no que, ademais de aprender poidan divertirse e xogar con outros nenos e nenas de diferentes culturas, idades e circunstancias.