Programa de atención a familias
O programa de Atención a Familias en situación ou risco de exclusión social con menores a cargo é un programa FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE.
Este, é un referente na comarca en canto á cobertura de necesidades básicas. Non obstante o programa vai máis alá e proporciona ferramentas en canto adquisición de recursos persoais para todo o núcleo familiar.
O eixe principal do Programa é paliar as necesidades máis urxentes (comida, hixiene, saúde…) das familias beneficiarias, a través das axudas de emerxencia social. Esta actuación complementouse abordando outro tipo de carencias e situacións de necesidade, proporcionando seguridade, recursos, estabilidade emocional e familiar… Todo acadouse mediante un seguimento global das familias, con itinerarios familiares, entrevistas persoais, visitas aos domicilios, actividades formativas puntuais e con estímulos para os-as menores que están a vivir estas difíciles situacións e que , moi frecuentemente, están faltos de habilidades sociais e relacionais…
As actuacións levadas a cabo durante o programa son:
MEDIDAS DE ATENCIÓN URXENTE:
- Alimentación. Produtos non perecedoiros e alimentación fresca.
- Roupa e calzado.
- Pequenos electrodomésticos.
- Medicamentos e produtos de farmacia. Sobretodo para bebés, pero tamén nalgúns casos aos pais e nais.
- Material escolar.
OUTRAS ACTUACIÓNS:
- Itinerarios personalizados. Todas as familias beneficiarias do programa teñen un itinerario personalizado.
- Actividades formativas puntuais.
- Actividades cos-as menores. (Ver apartado “Reforzo e moito máis” en “Femuro coa Infancia”).
- FESTA DE NADAL. A festa consiste na visita de Papá Noel, merenda, música e sobretodo, compartir un rato xuntos-as, esquecendo os problemas que lles levaron a ser usuarios-as deste servizo.
- REPARTO DE XOGUETES PARA NADAL E REIS. Xoguetes usados, que nos donan, que limpamos, reparamos e envolvemos para que todos os nenos e nenas da comarca poidan ter agasallos de Nadal.