Comunidade Educativa – PROFESORADO E FAMILIAS

PROPOSTAS FORMATIVAS PARA PROFESORADO DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA.

Aplicación da perspectiva de xénero nas programacións didácticas e no día a día das clases.

  • Inclusión de mulleres relevantes en cada materia, así como na historia da humanidade.
  • Representación de modelos femininos en todos os ámbitos nos que as nenas poidan sentirse reflectidas e empoderadas.
  • Análise do material empregado na aula e creación de novos materiais e contidos.
  • Uso e importancia da linguaxe non sexista.

Xestión de actividades e ocupación do patio para favorecer a inclusión.

  • Como redistribuir espazos de xogo.
  • Creación de alternativas de xogo non sexistas.

A biblioteca como espazo coeducativo.

  • Análise de contos e libros con perspectiva de xénero.
  • Recomendacións lectoras libres de estereotipos e inclusivas.
  • Proposta de actividades coeducativas dende a biblioteca.

PROPOSTAS FORMATIVAS PARA ESCOLAS DE FAMILIAS

 

  • Como educar en igualdade?  Tentaremos dar resposta e orientar ás seguintes cuestións: 

Vivimos en unha sociedade igualitaria?

Que é a coeducación?

Como podemos levala a cabo?

Que erros comúns cometemos?

  • Análise de música e vídeos actuais. Redes sociais.

Analizaremos cancións que as nenas e os nenos cantan e bailan hoxe en día a idades moi tempranas. Escoitaremos as letras, analizaremos os videoclips. Falaremos de Youtube, de Tik Tok…  

  • Educación emocional. 

Educar a través das emocions. Como reforzar a autoestima, como xestionar as emocions, como educar en positivo. 

  • Lecturas coeducativas. Como escoller libros de valores positivos: contos, de temáticas concretas (sexualidade, igualdade, diversidade e lecturas libres de estereotipos sexistas)