PROGRAMAS SOCIAIS – TECENDO OPORTUNIDADES: FSE – 2021-2022

 

Tecendo oportunidades é un programa destinado a mulleres en situación de vulnerabilidade en situación de desemprego de longa duración ou inactivas. 

O obxectivo principal deste programa é mellorar a súa  inserción sociolaboral favorecendo a adquisición de habilidades sociais que lle permitan desenvolverse no seu día a día con máis facilidade e promovendo que poidan obter os medios e recusos que lles permitan participar en condicións de igualdade na sociedade, reducindo deste xeito os factores que causan a súa discriminación.

As liñas de actuacións son as seguintes:

a) Servizos de orientación e información sobre recursos singularizados, de atención, orientación e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo na relación con outras entidades, organismos e servizos que faciliten ás persoas usuarias o seu proceso de integración social.

b) Servizo de atención psicolóxica.

c) Servizo de mediación familiar e intercultural.

d) Actividades de adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias para a mellora da empregabilidade. 

e) Servizos ou medidas de apoio e orientación laboral para a mellora da empregabilidade e de acompañamento na busca de emprego.