PROGRAMAS SOCIAIS – VOLUNTARIADO VIOLETA
Este ano 2021, puxemos en marcha o “Voluntariado Violeta: accións lúdico educativas con perspectiva de xénero”, un voluntariado moi especial, ao que formamos en actividades de lecer e tempo libro e igualdade, nos meses de Setembro e Outubro, nunha actuación teórico-práctica financiada pola Consellería de Política Social (Xunta de Galicia) .
Despois deste tempo de formación, as mulleres participantes seguen a participar nas actividades socio-educativas e solidarias de Femuro, aplicando sempre a persectiva de xénero a todas elas.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |