Programas Sociais – Tecendo oportunidades: FSE – 2020/2021
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
Tecendo oportunidades é un programa destinado a mulleres en situación de vulnerabilidade con pouca ou ningunha titulación.
O obxectivo principal deste programa é mellorar a súa inserción sociolaboral e as habilidades sociais necesarias para desenvolverse no seu día a día con máis facilidade , promovendo que estas poidan adquirir os medios e recursos que lles permitan participar en condicions de igualdade na sociedade, reducindo deste xeito os factores que causan a súa discriminación.
Dende outubro de 2020 ata setembro de 2021, atendemos a 60 mulleres.
As liñas de actuacións con elas foron as seguintes:
a) Servizos de orientación e información sobre recursos singularizados, de atención, orientación e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo na relación con outras entidades, organismos e servizos que faciliten ás persoas usuarias o seu proceso de integración social.
b) Servizo de atención psicolóxica.
c) Servizo de asesoramento xurídico.
d) Servizo de mediación familiar e intercultural.
e) Actividades de adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias para a mellora da empregabilidade.
f) Servizos ou medidas de apoio e orientación laboral para a mellora da empregabilidade e de acompañamento na busca de emprego.
Dende Xaneiro a Xuño, realizáronse, ademais das atencións individuais, as seguintes accións grupais:
- Preparación para superación de probas CELGA
- Preparación para superación de probas ESA
- Preparación para superación de Competencias Clave
- EMPODER-ARTE e ECOFEMINISMO. Traballo das habilidades sociais a través de terapias artísiticas
- Obradoiros de búsqueda de emprego
Alumnas preparando as probas CELGA