ARCO DA VELLA

 

ARCO DA VELLA: PROGRAMA DE EMERXENCIA FAMILIAR EN TEMPOS DE COVID

 

Durante o 2021 continuamos co noso programa ARCO DA VELLA, un programa destinado a paliar as necesidades máis urxentes  (comida, hixiene, saúde…) das familias beneficiarias, a través das axudas de emerxencia social. Esta actuación complementase abordando outro tipo de carencias e situacións de necesidade , proporcionando seguridade, recursos, estabilidade emocional e familiar… 

Dende Xaneiro ata novembro de 2021 atendemos a 23 familias da comarca de Verín e concellos limítrofes. Como persoas beneficiarias directas foron 70 persoas. 

 

As actuacións levadas a cabo no 2021 foron:

  • Medidas de Atención Urxente. Entrega de: alimentación,  material escolar, medicamentos e outros produtos de farmacia.  Tamén este ano repartimos produtos anti-COVID tales como máscaras, xeles hidroalcólicos… 
  • Atencións telefónicas e presenciais. Todas as familias recibiron un trato totalmente personalizado adaptado as súas necesidades específicas, tanto na primeira visita como en sucesivas entregas.